Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
martes, 27 de abril de 2021
O MAIO
O MAIO: a escola arrecende a Monte Vivo
LENGUA: Acertijos
Esta semana en clase de lengua estamos trabajando los acertijos.
A ver si conseguis resolverlos😉
Yoel:
sábado, 24 de abril de 2021
23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO
Fantástica xornada disfrutamos onte co gallo do Día do Libro!!
Todas as clases pasamos pola I Feira do Libro Vello e de ocasión, onde puidemos disfrutar da lectura, teatralizada polos mestres, de "Don Quijote y la lucha contra los molinos de viento", un dos capítulos máis divertidos e coñecidos de Don Quijote de la Mancha.
Tamén puidemos cambiar os nosos vales polos libros que quixemos, tarefa difícil posto que había moitos libros, e finalmente, como en todas as feira de libro, houbo sorteo entre os nenos e nenas que participaron doando un libro para a feira.
Os ganadores de este sorteo foron:
Noa
martes, 20 de abril de 2021
MÚSICA: TRADICIÓNS: OS MAIOS
LENGUA: Obradoiro de Escritura Medieval
Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º, dentro da programación da 1ª Feira do Libro, tivemos a sorte de recibir no noso colexio a Begoña que nos veu a dar un Obradoiro de Escritura Medieval.
Cantas cousiñas aprendemos e que ben o pasamos escribindo como escribían os nosos antepasados.
Se pinchades na foto poderedes ver unha pequena montaxe coas fotos.
luns, 19 de abril de 2021
I FEIRA DO LIBRO
Que emoción!!!!
A 1ª FEIRA DO LIBRO está sendo un éxito, grazas a todas as nenas e nenos e a todas e todos os profes que sentides ese impulso xeneroso de brindarlles aos vosos libros a oportunidade de que os acariñen novas mans❤️🥰❤️
Todos os libros xa están en exposición, alí estarán toda a semana para que poidades ir pensando con calma o exemplar que vos levaredes para as vosas casas😉





































