BÚSQUEDA

Amosando publicacións coa etiqueta comida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comida. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de maio de 2021

mércores, 7 de abril de 2021

COCIÑANDO NAS VACACIÓNS: RECETAS DE PASCUA

Con estes futuros cociñeiros e cociñeiras de seguro que non imos a pasar fame!!!😊😊😊

Deixovos aquí as super recetas de Pascua.

De Lucía e Nikolás.

De Isaac.

De Naira.

De Eire e Ari.

De Sofía e Uxía.

Bo traballo chicas e chicos!!

martes, 24 de marzo de 2020

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. XOGO INTERACTIVO

Bos días familias!! A pandemia obríganos a permanecer nas nosas casas, e dende o colexio recomendámosvos que vos coidedes moito, fagades exercicio, vos alimentedes ben e extremedes as mediadas de hixiene.
Deixovos un enlace onde podedes aprender xogando cousiñas sobre a vosa alimentación: 

mércores, 27 de novembro de 2019

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FROITAS DE TEMPADA. NOVEMBRO. Caqui

Un ano máis, o noso colexio, participa no programa "Aliméntate Ben".
 Este ano traballaremos as froitas e verduras de tempada, e os productos da contorna, para promover un consumo sostible e responsable.
Aquí vos queda un cuadro coas froitas e verduras do mes de Novembro, así como as propiedades do Caqui, 1º froia degustada no noso comedor escolar.
                  de polpa xugosa e doce, cunha textura suave e cremosa.
A árbore que os produce é de madeira dura, e folla caduca. Cando lle caen as follas vense os caquis cunha cor vermella brillante.
É orixinaria de China.

Propiedades do caqui:
                   Aporta hidratos de carbono, principalmente fructosa e glucosa, o cal convérteo nun alimento nutritivo e enerxético.
As súas fibras solubles, regulan o tránsito intestinal e alivian as gastritis.
Cando os caquis son verdes resultan astrinxentes.
Rico en antioxidantes: provitamina A o betacaroteno, vitamina C e vitamina B6, K e vitamina E, é aconsellable en caso de estrés ou ante problemas de vista.
Contén minerais como manganeso, cobre, o patasio, o magnesio e o fósforo.

Beneficios do caqui:
                    O caqui está indicado para calquera que teña boa saude, e tamén para nenos, deportistas e persoas que realicen traballos físicos intensos.
Coida a vista. Protexe especialmente os ollos e preven a dexeneración macular, que é a primeira causa de cegueira asociada ao paso dos anos.
Un dos efectos máis estudados é o antioxidante, que evita a dexeneración dos tecidos protexendo ás celulas dos radicais libres  e outras sustancias.
Poden mercarse e conxelarse, pois consérvanse perfectamente.
Tamén pódese desecar, como se fai en Xapón. Entón vólvense marróns pero seguen sendo suculentos e doces.

Os nosos nenos degustando os caquis no comedor: 







xoves, 20 de abril de 2017

MENÚ SAUDABLE

Que ben o pasamos hoxe facendo o noso menú saudable...e QUE RICO COMEMOS!!!!

De 1º AGUACATE RECHEO DE ENSALADA DE ATÚN:


Realizada por:


De 2º PINCHO DE PAVO CON MAZÁ


Realizado por


De postre: SORBETE DE SANDÍA


Realizada por:


Nós probamos os nosos platos, para saber se estaban bos:



E Mª Carmen preparounos esas recetas para que todos os poidésemos degustar:





E ao final BRINDIS