BÚSQUEDA

Amosando publicacións coa etiqueta tradicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradicións. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de maio de 2023

mércores, 26 de abril de 2023

TRADICIÓNS: OS MAIOS

Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
Un ano máis queremos facer na escola o Maio coa axuda de todas e todos.

Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º domingo de maio, este ano o 7 de maio, en que se enchen as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.


Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.
No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.



E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...







Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que poidades facer as vosas propias coplas :






venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO

 Hoxe 1 de novembro fixemos o Magosto na escola. Que ben o pasamos!!!

Xogamos, bailamos e, por suposto, comemos bolo preñado e castañas.



mércores, 11 de maio de 2022

martes, 3 de maio de 2022

MÚSICA: COREOGRAFÍA DE TERRA DAS TANXUGUEIRAS

 Levamos un tempo ensaiando esta coreografía do tema Terra das Tanxugueiras, aquí volo deixo para que llo bailedes na casa as vosas familias.

venres, 29 de abril de 2022

COPLAS DO MAIO

 Hoxe cantamos as coplas do mano, que fixemos con moita ilusión.



E aquí vos deixamos un video para que vexades aos nenos cantando:

Maio 2022

 Todo preparado para a festa do Maio

















mércores, 27 de abril de 2022