BÚSQUEDA

martes, 28 de xaneiro de 2020

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FAITE ECO DO LÓXICO. ALIMENTOS DE PROXIMIDADE

Productos de proximidade. Que son. 
Razóns para consumilos
Ola familias! dentro do Proxecta Aliméntate ben. Fai eco do lóxico temos que falar dos productos de proximidade e da importancia de concienciarnos do beneficios do seu consumo.
Ante os productos que viaxan miles de quilómetros hasta chegar aos fogares están os productos de proximidade, tamén coñecidos como de "quilómetro cero" ou de "cadea curta" os que teñen moitas ventaxas.
Iste tipo de producto non só é máis fresco, senon tamén máis nutritivos, está libre de químicos, entre outras cousas. Os mercados locais puxéronse de moda e mola deixarse ver por eles, pero detrás deles e do consumo destos productos hai moito máis. Por ese motivo deixámosvos dez razóns polas que empezar a consumir productos de proximidade.

  1. O consumo de productos de proximidade axuda aos negocios locais a subsistir. Crea postos de traballo nos centros de cultivo e granxas así como nos lugares de procesado, empaquetado e distribución.
  2. Fomenta a economía local. Todo euro gastado en productos locais é unha inversión para a economía da zoa, pois quédase nela, e pódese converter en novos negocios, novos postos de traballo, etc.
  3. Xenérase menos desperdicio de alimentos. Canto menos é a cadea de distribución, menos posibilidades hai de que os productos se deterioren no proceso, vótense a perder e se teñan que tirar.
  4. O producto é máis fresco e, polo tanto, máis nutritivo. As froitas e verduras acábanse de recolectar, os peixes de capturar, etc. A cercanía permite reducir o tempo de desplazamento do centro de producción ao de venta, onde os alimentos chegan nun estado óptimo.
  5. Conleva menos tempo de desprazamento. Cando o producto local se vende na zoa evítase o consumo de combustibles contaminantes do medio ambiente. É un xesto que non só aforra tempo senon que é respectuoso có planeta.
  6. A variedade de producto pode que sexa máis reducida, limitada polo clima e as condicions do solo, pero permite acceder e probar alimentos novos que non chegan ás grandes superficies.
  7. É un imán para os curiosos e turistas, que consideran os mercados locais como unha atracción. As áreas de producción de alimentos convértense en destinos turísticos e levan diñeiro á zoa. O agro-turismo convírtese en motor da economía local.
  8. Favorece á reserva xenética e ó solo. A comida local fomenta a diversificación da agricultura local que conserva a diversidade xenética e reduce a dependencia dos monocultivos (cultivos únicos que crecen nunha amplia zoa en detrimento dos solos).
  9. Os campos e espazos de cultivo ben explotados e en funcionamiento afastan o desenrolo urbanístico da zoa. A demanda de producto local contribúe a manter as zoas verdes e o solo rural como tal, na maioría de casos.
  10. Fomenta o concepto de "comunidade" e o sentimiento de pertenza á mesma. Os consumidores coñecen ós agricultores, gandeiros e productores en xeneral da sua rexión e crean lazos entre eles. Surxen as colmeas que unen persoas a través das suas afinidades e refórzase o sentimiento de pertenenza.