BÚSQUEDA

Amosando publicacións coa etiqueta feira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta feira. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de abril de 2025

IV FEIRA DO LIBRO

Un ano máis, e xa van 4, imos a celebrar o mes do libro cunha Feira do libro na que nenos e nenas intercambian libros.

A nosa feira xa está preparada para encherse de libros que queren mudar de casa e coñecer novas familias.


Os nosos voluntarios de biblioteca están traballando duro para que todo esté listo para o venres.



QUE CONTAN OS CONTOS: LUCÍA


 

QUE CONTAN OS CONTOS


 

venres, 21 de abril de 2023

3ª FEITA DO LIBRO

 

Fantástica xornada a de hoxe, na que celebramos o Día do Libro no colexio. 

Con unha charla de apicultura que deu o noso compañeiro, e experto en abellas, Isaac Panadeiros; unha sesión de contos con Sombras Chinas que prepararon as alumnas e alumnos de 5º e 6º; a entrega de premios do Talento Cativo; e por suposto o intercambio de libros e o sorteo que xa é tradición. FOTOS

sábado, 15 de abril de 2023

III FEIRA DO LIBRO: DOAZÓN DE LIBROS

 Boas tardes chicas e chicos!!!!

Mirade que libros máis interesantes acaban de doar, para a nosa feira, dúas profes que estiveron no nose cole fai dous anos: Nila e Mª José.

Moitísimas grazas profes pola vosa aportación!!! e xa sabedes que estades convidadas a vir visitarnos cando poidades.





venres, 14 de abril de 2023

RETO: QUE MÁIS CONTAN OS CONTOS????

 Como sabedes, a próxima semana, celebramos no cole a Semana do Libro, e para elo faremos diversas actividades como a Feira do Libro. Pero tamén queremos lanzarvos un reto:

Facer un conto a partir do título dos libros que tendes nas vosas casas.

Para que me entendades mellor deixovos un exemplo que fixo Antía alá por maio do 2020:


Se o facedes gravádeo e enviádeo a irixocolexio@gmail.com para que poidamos velo todos 😉

xoves, 13 de abril de 2023

sábado, 23 de abril de 2022

II FEIRA DO LIBRO

 

E por fin cheguo, a tan esperada, Feira do Libro!!!! e puidemos  canxear os nosos vales 








E tamén desfrutamos dunha sesión de teatro kamishibai da man dos voluntarios da biblioteca e hasta houbo sorteos.

 Aquí vos deixo un video resumo da xornada.

mércores, 20 de abril de 2022

2º FEIRA DO LIBRO

 Que bonita luce a nosa Feira do Libros! !!

Chea de aventuras agachadas nos libros, agardando a que o venres, os nenos e nenas pasedes a rescatalos.

sábado, 24 de abril de 2021

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

 Fantástica xornada disfrutamos onte co gallo do Día do Libro!! 

Todas as clases pasamos pola I Feira do Libro Vello e de ocasión, onde puidemos disfrutar da lectura, teatralizada polos mestres, de "Don Quijote y la lucha contra los molinos de viento", un dos capítulos máis divertidos e coñecidos de Don Quijote de la Mancha.

Tamén puidemos cambiar os nosos vales polos libros que quixemos, tarefa difícil posto que había moitos libros, e finalmente, como en todas as feira de libro, houbo sorteo entre os nenos e nenas que participaron doando un libro para a feira.

Os ganadores de este sorteo foron:

Noa


Isaac


Maikel

Antía

 e Gabriel




Para descargar as fotos AQUÍ

martes, 20 de abril de 2021

LENGUA: Obradoiro de Escritura Medieval

 Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º, dentro da programación da 1ª Feira do Libro, tivemos a sorte de recibir no noso colexio a Begoña que nos veu a dar un Obradoiro de Escritura Medieval.

Cantas cousiñas aprendemos e que ben o pasamos escribindo como escribían os nosos antepasados.

Se pinchades na foto poderedes ver unha pequena montaxe coas fotos.






luns, 19 de abril de 2021

I FEIRA DO LIBRO

 Que emoción!!!!

 A 1ª FEIRA DO LIBRO está sendo un éxito, grazas a todas as nenas e nenos e a todas e todos os profes que sentides ese impulso xeneroso de brindarlles aos vosos libros a oportunidade de que os acariñen novas mans❤️🥰❤️

Todos os libros xa están en exposición, alí estarán toda a semana para que poidades ir pensando con calma o exemplar que vos levaredes para as vosas casas😉