BÚSQUEDA

martes, 20 de abril de 2021

MÚSICA: TRADICIÓNS: OS MAIOS

Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
O ano pasado faleivos desta tradición dende a miña casa, pero este ano podemos facer un, e ímolo facer coa axuda de todas e todos.
Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º fin de semana do mes de maio en que se enchían as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.





Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.



E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...







Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que podades facer as vosas propias coplas :



Este ano imos a facer un Maio na escola, xa temos a estructura que amablemente nos fixo Laureano, o papá de Noelia,  e moitos nenos e nenas trouxeron bugallos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario