Fantástica xornada disfrutamos onte co gallo do Día do Libro!!
Todas as clases pasamos pola I Feira do Libro Vello e de ocasión, onde puidemos disfrutar da lectura, teatralizada polos mestres, de "Don Quijote y la lucha contra los molinos de viento", un dos capítulos máis divertidos e coñecidos de Don Quijote de la Mancha.
Tamén puidemos cambiar os nosos vales polos libros que quixemos, tarefa difícil posto que había moitos libros, e finalmente, como en todas as feira de libro, houbo sorteo entre os nenos e nenas que participaron doando un libro para a feira.
Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
O ano pasado faleivos desta tradición dende a miña casa, pero este ano podemos facer un, e ímolo facer coa axuda de todas e todos.
Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º fin de semana do mes de maio en que se enchían as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.
Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.
E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...
Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que podades facer as vosas propias coplas :
Este ano imos a facer un Maio na escola, xa temos a estructura que amablemente nos fixo Laureano, o papá de Noelia, e moitos nenos e nenas trouxeron bugallos.
Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º, dentro da programación da 1ª Feira do Libro, tivemos a sorte de recibir no noso colexio a Begoña que nos veu a dar un Obradoiro de Escritura Medieval.
Cantas cousiñas aprendemos e que ben o pasamos escribindo como escribían os nosos antepasados.
Se pinchades na foto poderedes ver unha pequena montaxe coas fotos.
A 1ª FEIRA DO LIBRO está sendo un éxito, grazas a todas as nenas e nenos e a todas e todos os profes que sentides ese impulso xeneroso de brindarlles aos vosos libros a oportunidade de que os acariñen novas mans❤️🥰❤️
Todos os libros xa están en exposición, alí estarán toda a semana para que poidades ir pensando con calma o exemplar que vos levaredes para as vosas casas😉
Ao remexer a terra un dos animais que atopamos foi este:
Noelia moi amablemente nos contou como se chamaba:
Escolopendra: Artrópodo da clase dos quilópodos, de corpo alongado con numerosos pares de patas e glándulas velenosas nas súas mandíbulas.Que as usan tanto para defenderse como para capturar e paralizar ás presas. A escolopendra vive en lugares húmidos e debaixo das pedras.
Coa chegada da primavera estreamos un novo espazo na escola: un HORTO ESCOLAR.
Todo un reto para todos.
Este espazo puido facerse realidade grazas a axuda e colaboración de persoas que creen que educar vai máis aló de transmitir coñecementos, e que ao aprendizaxe significativo so se chega a través da manipulación e da emoción.
Xa xerminamos as nosas sementes, remexemos e aireamos a terra, plantamos os nosos brotes que empezan a agromar, atopamos miñocas, apañamos máis miñocas para que fertilicen e aireen a terra, aprendemos por onde respiran as miñocas, que hai insectos que para protexerse fanse unha bola, e xa tivemos os nosos primeiros disgustos, inundación da mesa de cultivo por non ter suficiente drenaxe e polo mismo motivo tivemos que arranxar unha, pero nada de esto nos detendrá 😉
Aquí vos deixo as fotos e unha montaxe que fixen con algunhas.
Moitas grazas a Floro, que amablemente se brindou a traer as táboas e a montar as mesas de cultivo, ao aserradero Irmáns Nogueira, a Julio e Toño que con cariño e esmero cortaron e prepararon as táboas, a Elena, unha cuidadora que so estivo 15 días no cole pero que xunto coa profe Nila e Mª José quedaron tardes a pintar e adecentar este espazo, e sobre todo grazas as familias que tivéchedes a paciencia de poñer a xerminar as sementes, de apañar miñocas e de lavar a roupiña cando nos dedicamos as labores do campo.
Bos días!! Na 1ª edición de Talento Cativo Irixo cometemos un erro, ao editar saltámonos o video de Hugo, polo que o incluímos agora e pedímoslle disculpas a Hugo e aos seus papás.
Tivemos a sorte de que nos visitou Miguel García, exprofesor do Chamoso Lamas que creou, fai máis de 30 anos, a estación meteorolóxica dese centro, e que foi premiado co Premio Nacional de Meteoroloxía no 2018.
Durante a visita explicounos como funciona unha estación meteorolóxica, a lectura de gráficas e moitas máis cousiñas interesantes.
Deixovos un video do seu paso polas distintas aulas.
Moitas grazas Miguel!! Foi un pracer disfrutar da túa visita.