BÚSQUEDA

mércores, 21 de decembro de 2022

FESTIVAL DE NADAL: SHREK

 Hoxe no cole do Irixo volvemos a celebrar o Festival de Nadal, este ano coa obra Shrek.

Foi marabilloso volver a ver o salón de actos cheo coas familias e con todos os nenos e nenas actuando e bailando de forma espectacular.

Aquí vos deixo un enlace para ver todas as FOTOS























BELEN ARTESANAL E DE REFUGALLO

Hoxe chegou outro traballo fantástico para encher o noso belén.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

CARMEN:



martes, 20 de decembro de 2022

VISITA DO ESCRITOR: PABLO NOGUEIRA





Hoxe tivemos unha visita moi especial, Pablo Nogueira, o escritor de Carballiño premiado no 2018 IV Concurso Balbino de Relatos por Banda Sonora Orixinal e no 2022 o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola igualdade por Ringo. Mamorias dun coello fedello.


Estas semanas estivemos lendo no cole varios libros del, e a partir dos seus libros fixemos uns traballos plásticos maravillosos, aquí vos deixo unhas fotiños:



 
Que por suposto, a Pablo encantáronlle:


Pablo contounos o conto de Nubre Branca e despois fisémoslle un montón de preguntas:







E marchou encantado cos productos do Irixo:


BELEN ARTESANAL E DE REFUGALLO

Esta semana chegaron máis traballiños fantásticos para encher o noso belén.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Marta:

Antía:

Cristian:


Lucía:


Así de ben quedou👏👏👏











luns, 12 de decembro de 2022

CAMPAÑA SOLIDARIA

 Moitas grazas a todos e todas as que estades contribuido coa campaña solidaria.👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👍🏽



E seguimos recadando alimentos e xoguetes ao longo de esta semana!!! 

sábado, 10 de decembro de 2022

BELEN ARTESANAL E DE REFUGALLO

Seguimos enchendo o noso Belen cos vosos fantásticos traballos.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración 🥰🥰🥰😍

ARI:


NIKO:


TIAGO:


SOFÍA:


LOIS:


UXÍA:


AYSHA:


DANIELA:


DAMIAN:


 

martes, 6 de decembro de 2022

BELEN ARTESANAL E DE REFUGALLO










 Un ano máis estamos a montar o noso, xa tradicional, Belen coas figuras elaboradas polas nosas e os nosos artesáns particulares. 

Cada ano nos sorprendedes máis coas vosas creacións!!!

Moitas grazas pereiriños!!!


RECITAL DE POESÍA: A MAR AMAR

Onte, 5 de decembro, un grupo de alumnas e alumnos representaron ao noso colexio na presentación do libro “A mar , amar” de Xosé Luna no Liceo de Ourense, recitando tres  fermosos poemas.









venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO

 Hoxe 1 de novembro fixemos o Magosto na escola. Que ben o pasamos!!!

Xogamos, bailamos e, por suposto, comemos bolo preñado e castañas.



venres, 28 de outubro de 2022

sábado, 22 de outubro de 2022

CANCIÓNS DE SAMAÍN E HALLOWEEN

 Aquí vos deixo as cancións que estivemos traballando estos días para que poidades bailar e cantar en casa:

 

 

 

 

venres, 1 de xullo de 2022

GRADUACIÓN DOS NENOS DE 6º DE ED. INFANTIL E DE 6º DE ED. PRIMARIA

 


Un ano máis, ao chegar esta data, temos que felicitar e darlle a benvida a unha nova etapa, aos nenos e nenas de 6º de ed. Infantil.

Co mundo das letras e dos números ábrese para eles un abanico de oportunidades de entender, descubrir, investigar, experimentar e sentir  infinidade de emocións, sentimentos e cousas.

Eles están ansiosos por seguir aprendendo e nos desexando podelos guiar neste camiño.


Pero tamén chegou o momento de despedir ao grupo de nenos e nenas de 6º de ed. Primaria. 
Persoalmente tiven o pracer de ver como empezaban esta etapa con moita ilusión, ganas e enerxía e como pouco a pouco foron adquirindo coñecementos, madurando o seu caracter e facéndose nenos e nenas responsables, traballadores, involucrados no benestar dos compañeiros máis pequenos, e sempre dispostos a axudar e colaborar na organización do centro.
Estamos moi orgullosos de vós e desexámosvos que sigades medrando con esas ganas de saber, respetando aos demais e o planeta e sempre loitando polo que queredes e sentides.
Moita sorte na nova etapa!!