Un ano máis, ao chegar esta data, temos que felicitar e darlle a benvida a unha nova etapa, aos nenos e nenas de 6º de ed. Infantil.
Co mundo das letras e dos números ábrese para eles un abanico de oportunidades de entender, descubrir, investigar, experimentar e sentir infinidade de emocións, sentimentos e cousas.
Eles están ansiosos por seguir aprendendo e nos desexando podelos guiar neste camiño.
Pero tamén chegou o momento de despedir ao grupo de nenos e nenas de 6º de ed. Primaria.
Persoalmente tiven o pracer de ver como empezaban esta etapa con moita ilusión, ganas e enerxía e como pouco a pouco foron adquirindo coñecementos, madurando o seu caracter e facéndose nenos e nenas responsables, traballadores, involucrados no benestar dos compañeiros máis pequenos, e sempre dispostos a axudar e colaborar na organización do centro.
Estamos moi orgullosos de vós e desexámosvos que sigades medrando con esas ganas de saber, respetando aos demais e o planeta e sempre loitando polo que queredes e sentides.
Moita sorte na nova etapa!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario