BÚSQUEDA

martes, 20 de decembro de 2022

VISITA DO ESCRITOR: PABLO NOGUEIRA





Hoxe tivemos unha visita moi especial, Pablo Nogueira, o escritor de Carballiño premiado no 2018 IV Concurso Balbino de Relatos por Banda Sonora Orixinal e no 2022 o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola igualdade por Ringo. Mamorias dun coello fedello.


Estas semanas estivemos lendo no cole varios libros del, e a partir dos seus libros fixemos uns traballos plásticos maravillosos, aquí vos deixo unhas fotiños:



 
Que por suposto, a Pablo encantáronlle:


Pablo contounos o conto de Nubre Branca e despois fisémoslle un montón de preguntas:







E marchou encantado cos productos do Irixo:


BELEN ARTESANAL E DE REFUGALLO

Esta semana chegaron máis traballiños fantásticos para encher o noso belén.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Marta:

Antía:

Cristian:


Lucía:


Así de ben quedou👏👏👏











luns, 12 de decembro de 2022

CAMPAÑA SOLIDARIA

 Moitas grazas a todos e todas as que estades contribuido coa campaña solidaria.👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👍🏽



E seguimos recadando alimentos e xoguetes ao longo de esta semana!!! 

sábado, 10 de decembro de 2022

BELEN ARTESANAL E DE REFUGALLO

Seguimos enchendo o noso Belen cos vosos fantásticos traballos.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración 🥰🥰🥰😍

ARI:


NIKO:


TIAGO:


SOFÍA:


LOIS:


UXÍA:


AYSHA:


DANIELA:


DAMIAN:


 

martes, 6 de decembro de 2022

BELEN ARTESANAL E DE REFUGALLO










 Un ano máis estamos a montar o noso, xa tradicional, Belen coas figuras elaboradas polas nosas e os nosos artesáns particulares. 

Cada ano nos sorprendedes máis coas vosas creacións!!!

Moitas grazas pereiriños!!!


RECITAL DE POESÍA: A MAR AMAR

Onte, 5 de decembro, un grupo de alumnas e alumnos representaron ao noso colexio na presentación do libro “A mar , amar” de Xosé Luna no Liceo de Ourense, recitando tres  fermosos poemas.









venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO

 Hoxe 1 de novembro fixemos o Magosto na escola. Que ben o pasamos!!!

Xogamos, bailamos e, por suposto, comemos bolo preñado e castañas.



venres, 28 de outubro de 2022

sábado, 22 de outubro de 2022

CANCIÓNS DE SAMAÍN E HALLOWEEN

 Aquí vos deixo as cancións que estivemos traballando estos días para que poidades bailar e cantar en casa:

 

 

 

 

venres, 1 de xullo de 2022

GRADUACIÓN DOS NENOS DE 6º DE ED. INFANTIL E DE 6º DE ED. PRIMARIA

 


Un ano máis, ao chegar esta data, temos que felicitar e darlle a benvida a unha nova etapa, aos nenos e nenas de 6º de ed. Infantil.

Co mundo das letras e dos números ábrese para eles un abanico de oportunidades de entender, descubrir, investigar, experimentar e sentir  infinidade de emocións, sentimentos e cousas.

Eles están ansiosos por seguir aprendendo e nos desexando podelos guiar neste camiño.


Pero tamén chegou o momento de despedir ao grupo de nenos e nenas de 6º de ed. Primaria. 
Persoalmente tiven o pracer de ver como empezaban esta etapa con moita ilusión, ganas e enerxía e como pouco a pouco foron adquirindo coñecementos, madurando o seu caracter e facéndose nenos e nenas responsables, traballadores, involucrados no benestar dos compañeiros máis pequenos, e sempre dispostos a axudar e colaborar na organización do centro.
Estamos moi orgullosos de vós e desexámosvos que sigades medrando con esas ganas de saber, respetando aos demais e o planeta e sempre loitando polo que queredes e sentides.
Moita sorte na nova etapa!!

domingo, 19 de xuño de 2022

V FESTIVAL DE CINE: TODAS AS CURTAS

 


Fantásticas curtametraxes as que puidemos disfrutar no cine de Leiro, cada ano o facedes mellor!!!
Aquí vos deixamos as curtas para aqueles que non puidestes asistir, ou para os que queredes volver a velas.

O casamento da pulga e o piollo


A galiña Pauliña
 
  
 
Los siete cabritillos 
 
 
 
La comedia de las equivocaciones 
 
 
 
 Matilda
 

venres, 17 de xuño de 2022

PREMIO: VI CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

 Hoxe teño unha gran noticia que contarvos, un ano máis, unha das nosas alumnas, Ariane Luis Nogueira, foi premiada no Concurso Literario organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática.

Noraboa Ari!!!! Estamos moi orgullosas e orgullosos  de ti

Tendes todos os detalle na publicación de Bibliogreta, se pinchades na foto podedes aceder a ela.



V FESTIVAL DE CINE: Entrega de premios

Os gañadores do V Festival de Cine foron: 

Mellor 2ª película:    "A galiña Pauliña" da aula de 3 e 4 anos coa colaboración de Antía Álvarez Rodríguez 


MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA:   Alicia Dapena Fidalgo polo seu papel de "Gata" na curta "O casamento da pulga e o piollo"

MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Alexandre Baranda Pardo polos eu papel de "Duque" na curta "La comedia de las equivocaciones"

MELLOR ACTOR        Cristian polo seu papel de "Lobo" na curta de "Los siete cabritillos"

MELLOR ACTRIZ    Valentina Nieto Gil polo seu papel de "Antífola" na curta de "La comedia de las equivocaciones"

MELLOR CURTA       "Matilda" a curta dos nenos da clase de 5º e 6º coa colaboración de Eire Luis Nogueira







xoves, 16 de xuño de 2022

V FESTIVAL DE CINE: Todas as curtas

Fantásticas curtametraxes as que puidemos disfrutar no cine de Leiro, cada ano o facedes mellor!!!
Aquí vos deixo as curtas para aqueles que non puidéchedes asistir, ou para os que queredes volver a velas.

O casamento da pulga e o piollo


A galiña Pauliña
 
  
 
Los siete cabritillos 
 
 
 
La comedia de las equivocaciones 
 
 
 
 Matilda