Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense celébrase o 1º fin de semana do mes de maio e enche as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de musgo, flores,... e rematado nunha cruz.
Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na población.
Esta tradición ten as súas oríxes nas cibilizacións prerromanas.No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.
E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...
Este ano non pederemos ir a Ourense a velos, pero eu penso facer un de papel e material reciclado e poñelo no meu bancón.
Se vos animades a facer un ou a facer coroas de flores mandádeme foto.
Se vos animades a facer un ou a facer coroas de flores mandádeme foto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario