Ola rapazada!!! Como sabedes hoxe comeza a Semana Santa.
Este ano propoñémosvos un CONCURSO con premios e todo. Que vos parece??? Apetécevos???
Que tedes que facer para concursar e optar a un premio:
-Facer unha manualidade, decoración ou receita de Pascua.
-Ir sacando fotos do proceso, ou video cortiño.
-E mandar a foto ou ao video a calquera dos mestres do cole.
Nos xuntaremos todo e decidiremos cales son os traballos gañadores.
Haberá 5 categorías: ao máis sorprendente, ao máis laborioso, ao máis orixinal, a máis creativa e a feita con maior autonomía polo alumnado de infantil.
Data límite para enviar os vosos traballos :8 de abril.
Os mestres xa nos puxemos mans a obra, mirade que traballos máis chulos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario