BÚSQUEDA

domingo, 5 de marzo de 2017

1º EXPERIMENTO: AUGA DOCE/AUGA SALGADA

O venres, coa axuda do profe Álvaro, fixemos un experimento para descubrir por que cando imos a praia flotamos mellor que cando nos bañamos nunha piscina, nun río ou nun lago.

PRECISAMOS: dúas tinas con auga fría, dous cubos de madeira iguais, sal e unha culler. 

1º paso: enchemos de auga fría as dúas tinas.


2º paso: introducimos nunha das tinas un dos cubos de madeira e observamos.


3º paso: na outra tina metemos dous puñados de sal gorda.


4º paso: remexemos ben para que o sal se disolva.


5º paso: introducimos o outro cubo.


6º paso: observamos os dous cubos e sacamos conclusións.


Apréciase que o cubo que está na tina que metemos o sal flota máis que o cubo que metemos na tina que non tiña sal, esto débese a que que a auga con sal ten unha densidade maior e provoca que o cubo sufra un empuxe maior, cumprindo o Principio de Arquímedes. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario