Xenial Niko!!! Tomamos nota da túa recomendación 😉👌
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
mércores, 19 de abril de 2023
luns, 17 de abril de 2023
MURAL PATIO
Moitísimas grazas a todas e todos os que viñéchedes o domingo!!!
SEMANA DO LIBRO: RECOMENDACIONS
sábado, 15 de abril de 2023
III FEIRA DO LIBRO: DOAZÓN DE LIBROS
Boas tardes chicas e chicos!!!!
Mirade que libros máis interesantes acaban de doar, para a nosa feira, dúas profes que estiveron no nose cole fai dous anos: Nila e Mª José.
Moitísimas grazas profes pola vosa aportación!!! e xa sabedes que estades convidadas a vir visitarnos cando poidades.
venres, 14 de abril de 2023
RETO: QUE MÁIS CONTAN OS CONTOS????
Como sabedes, a próxima semana, celebramos no cole a Semana do Libro, e para elo faremos diversas actividades como a Feira do Libro. Pero tamén queremos lanzarvos un reto:
Facer un conto a partir do título dos libros que tendes nas vosas casas.
Para que me entendades mellor deixovos un exemplo que fixo Antía alá por maio do 2020:
Se o facedes gravádeo e enviádeo a irixocolexio@gmail.com para que poidamos velo todos 😉
xoves, 13 de abril de 2023
III FEIRA DO LIBRO
luns, 10 de abril de 2023
TALENTO CATIVO 2023
Perdoade a demora, tivemos problemas coa licencia de algunha das músicas que acompañaban os Talentos Cativos en Youtube, e bloqueounos o video.
Agora sí, e con esta xa son 3, aquí vos deixo o Talento Cativo 2023. Esperamos que disfrutedes coas actuacíons:
venres, 31 de marzo de 2023
VISITA AO CONCELLO
Hoxe fomos ao concello, onde no recibíu o alcalde que goberna en este momento:
Voces Unidas
O partido político de Voces Unidas hoxe está aquí para demostrarvos e apoiar que no Concello de O Irixo os homes están en desigualdade. Estamos convencidos de que isto ocorre porque nestes últimos anos as persoas so apoian a igualdade nas mulleres e dese modo os homes pouco a pouco perden a súa posición.
Isto está demostrado por estudos e enquisas que foron realizadas nun
entorno de desigualdade. Nelas reflectise que case a totalidade dos homes sufre
pesadelos angustia estrés e ataques de ansiedade con frecuencia. Tendo así que
asistir a sesións de psicólogos e sendo diagnosticados de depresión. Deste moda
depresión está aumentando un 50% máis nos homes que nas mulleres.
De feito unha das causas que se está dando en homes é a desigualdade que se
ensina dende pequenos nas películas de princesas de Disney. Parádevos un minutiño
a pensar, se vos fixades nas películas de Disney sempre son mulleres as
princesas. Vos creedes que os homes igual que as mulleres non queren ser
princesas e poder ser rescatados dunha torre ou dunha malvada bruxa cunha mazá
envelenada?
Os homes tamén poden
ser princesas lavar os pratos, facer a comida, limpar…
Ou acaso as mulleres son as únicas que poden facer as tarefas?
Os homes tamén están capacitados para facelo. Outra posible causa de depresión e que os homes que se senten discriminados non reciben a mesma axuda ou trato que as mulleres. Ademais os maiores postos de traballo están ocupados por mulleres. Os homes sen embargo están en postos máis infravalorados. Deste modo reciben menos soldo que as mulleres. Esperamos e agradecemos o voso apoio para que esta situación nos siga aumentando nin que se repita en xeracións futuras.
Se xuntamos as nosas voces poderémolo lograr !
E por iso instamos que os homes tamén poidan descansar cos seus fillos na casa e que as mulleres salgan a calle a mancharse. Porque aveces tamén hai que descansar e desfrutar. E que na casa tamén participen os homes e viceversa. A sique os propoñemos que nos traballos de de limpeza tamén vaian homes e que nos camións de basura que vaian as mulleres.
O noso equipo quere apoiar a os homes porque esta en desigualdade porque nos últimos anos los homes non ten os mesmos dereitos, e queremos que cambie por exemplo na construción os homes ten que levar as cousas mais pesadas e as mulleres levan o mais lixeiro así porque as mulleres tamén poden levantar o mais pesado.
Pedimos que os homes e as mulleres teñan os mesmos soldos. Cando un home se sinte discriminado non ten o mesmo trato que as mulleres , queremos conseguir un trato o mais igualitario posible. Instamos ao señor alcalde a que no concello os traballadores sexan e estean igual de valorados tanto economicamente como tamén que se adapten as capacidades físicas de cada persoa. Porque nos homes esta mal visto levar o pelo largo? Acaso só as mulleres poden levalo? Os homes tamén queren facerse coletas e trenzas coma as mulleres tamén os homes queren levar vestidos e saias porque non poden ou está mal vista.
SOMOS AS DEFENSORAS DAS MULLERES.
Hoxe
ímosvos falar dos comportamentos machistas na sociedade.
O noso partido político está convencido de que as mulleres están en plena desigualdade e hai estudos que din que isto é completa e totalmente certo.
Ademais, porque as mulleres teñen que quedar facendo as tarefas no fogar mentres que
eles saen a
traballar e non viceversa? Inda por riba, as mulleres con oficios fora do fogar
teñen
traballos menos valorados e cobran bastante menos ca os homes.
Tamén hai
que comentar que case todos os traballos directivos están formados por unha
maioría de
homes, deixando unha clara desigualdade respecto as mulleres.
Tamén hai
moitas mulleres que sofren acoso sexual e por ese motivo hai mulleres en
depresión e
embarazadas sen querelo.
E para protexer os seus dereitos existe un día chamado:
“O día da muller”.
E por todas estas razóns vós pedimos que os traballos das mulleres fora da casa sexan máis valorados e que os seus traballos sexan de responsabilidade e polos que perciban o salario que lles corresponda, sen perxuizo do seu xénero, e que os traballos menos valorados e que precisan menor cualificación os fagan os homes tamén... E que os homes entendan que se todos manchamos todos debemos colaborar na limpeza.
Pleno: Igualdade no Irixo
Nós somos Igualdade no Irixo e queremos
defender isto porque estamos totalmente convencidos de que todos e todas temos
os mesmos dereitos, e, ademais, nos fogares as tarefas están repartidas porque
podemos acceder a calquera tipo de traballo.
Vós pensades que as mulleres están castigadas
na casa limpando e cociñando?
NON. As mulleres desde pequenas soñaban con ter
unha casa con nenos para facer a comida e limpar ao seu aire. Así, poden
levantarse a calquera hora do día e descansar cando lles apeteza. Así os homes
as deixan en paz.
E credes que os homes están obrigados a ir a
traballar todo o día?
NON. Os homes prefiren eses traballos
porque lles gusta madrugar, berrar,
discutir e ensuciarse. Así descansan un pouco das mulleres, porque, o certo, é
que un 8/10 parellas están desexando ir traballar para tomarse un respiro un do
outro.
Ademais,
unhas enquisas demostran que os homes
cren que as mulleres son un pouco
obsesivas ca limpeza do fogar, e que as mulleres pensan que os homes
precisan que lles digan cando poden facer as cousas para ter un horario mais
claro, tendo así un mellor rendemento nos traballadores, e que é bo que cheguen
tarde á casa, porque din que así os homes chegan con poucas enerxías e así non
lles dan a brasa con non sei que do traballo.
E aínda que creades que as mulleres teñan un salario diferente, non é porque non haxa igualdade de xénero simplemente elas non precisan tanto diñeiro para vivir e sentirse superiores, como fan os homes.
Nós queremos pedir que haxa mais actividades para fomentar a igualdade entre homes e mulleres:
-Campamentos onde se lles explique aos nenos e
nenas o que é a igualdade.
-Obradoiros nos que se fagan actividades sobre
a igualdade, dende manualidades ata debates sobre o tema.
-Contacontos nos que conten historias sobre a igualdade e os dereitos.
O que
nós intentamos transmitir, é, que a sociedade non vexa algúns traballos
para homes e outros para mulleres senón que pensen na realidade, que é que
todos podemos traballar no que nos guste e nos apeteza.
MELLOREMOS O MUNDO!
venres, 24 de marzo de 2023
TRANSPLANTAMOS O AGUACATE
Tamén empezamos a preparar a terra para a temporada de cultivo😉
TALENTO CATIVO
mércores, 22 de marzo de 2023
SAÍMOS NA TVG RECITANDO
Onte saíron no telexornal da TVG as nenas e nenos que recitaron en Insua dos Poetas.
Aquí volo deixo, por se non puidéchedes velo: (minuto 26:18)
INSUA DOS POETAS
martes, 21 de marzo de 2023
domingo, 19 de marzo de 2023
21 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
Deixovos aquí o enlace para que vaiades disfrutando do recitado de poesías dos nosos nenos e nenas:
mércores, 8 de marzo de 2023
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, na escola levamos unha semana traballando sobre a importancia das mulleres máis cercanas, e resaltamos o seu apoio, axuda e cariño.
Cada un de nós eleximos a unha de esas mulleres que tanto nos coidan, as que admiramos e queremos.
Aquí vos deixamos un video no que cada neno e nena vos presenta á muller da súa vida e o porqué de que a quieran tanto, esperamos que o disfrutedes.
E que pasedes un bo día!!














































