Hoxe pola tarde fixemos entrega da cesta ao pusuidor do boleto premiado.
Noraboa e a disfrutala con saúde!!!
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
Hoxe pola tarde fixemos entrega da cesta ao pusuidor do boleto premiado.
Noraboa e a disfrutala con saúde!!!
Os nenos e nenas da clase de 5º e 6º foron os encargados de recollelas e levalas ao cociñeiro:
Hoxe tivemos a sorte de poder compartir a mañán con Raquel Míguez, escritora de O Irixo autora de varias novelas entre as que está "Awoki y los piratas en playa escondida" novela que tivemos o pracer de ler.
Tivemos a oportunidade de coñecer un pouco da vida da escritora, das súas novelas e de como comenzou a escribir, incluso deunos algún que outro "truco" para poder escribir.
Aprendemos un montón de cousas e sobre todo pasámolo fenomenal!!!
Hoxe recollemos a 1º colleita de amorodos do noso invernadeiro, e foron os pequenos do cole os encargados de recollelos e degustalos, Que ricos estaban!!!
E a próxima semana comeremos no comedor as nosas leitugas, Mirade que boa pinta teñen!!!
Se aínda non tes ningunha apúrate a compralas, o sortéo é para o 19 de maio.
Aproveitamos para agradecer as doación de:
Cooperativa Loureiro
A carniceria Hermanos Ferradás
Supermercado Froiz do Carballiño
Xa estamos en 128 kgs de penso!!!
Hoxe grazas a Valentina, Antía, Alexandre e Violeta, Antón, Sofía e Lara.
O venres, as nenas e nenos de ed. infantil, desprazáronse hasta as instalacións da cooperativa Loureiro para aprender das mans da técnica responasble do control de calidade no laboratorio, Gloria Bernárdez, unha chea de cousas do leite e dos seus derivados, e para degustar todos os seus productos.
Moitas grazas Gloria pola túa dedicación e amabilidade!!!
Aquí vos deixo un video resumo da saída:
Esta semana transplantamos as leitugas e garavanzos que xerminamos.