Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
martes, 26 de abril de 2022
CONCURSO: DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI
Temos unha gran noticia, un deseño dunha nena do noso colexio foi seleccionado finalista no concurso convocado polo Colexio Oficial de Xoiería.
O deseño seleccionado foi este:
E moita sorte para o sábado no que se darán a coñecer os 3 deseños gañadores.
Aquí vos deixo o enlace para que podades ver o resto de deseños finalista.
MAIO 2022
E seguimos traballando duro no noso maio...vai quedar fenomenal!!! Moitísimas grazas pola vosa aportación.😍😀
PROXECTA:Tradicion o Maio
Hoxe estivemos cosendo o noso Maio. Que ben o pasamos!!!
luns, 25 de abril de 2022
sábado, 23 de abril de 2022
ENTREGA PREMIOS TALENTO CATIVO 2022
Entre as actividades do Día do Libro tamén tivemos a entrega dos premios do Talento Cativo 2022, aquí vos deixo a fotografía dos ganadores e un video resumo da entrega dos mesmos.
Talento máis creativo: Rebeca Baranda Martínez
Talento máis divertido: Alexandre Baranda Pardo
Talento máis completo: Antía Álvarez Rodríguez
Talento máis espectacular: Ariano Lois Nogueira
Talento máis original: Carmela Fontaíñas Pardo
Entrega de premios:
II FEIRA DO LIBRO
E por fin cheguo, a tan esperada, Feira do Libro!!!! e puidemos canxear os nosos vales
Aquí vos deixo un video resumo da xornada.
Etiquetas:
contacontos,
curso 21-22,
feira,
KAMISHIBAI,
libro
mércores, 20 de abril de 2022
2º FEIRA DO LIBRO
Que bonita luce a nosa Feira do Libros! !!
Chea de aventuras agachadas nos libros, agardando a que o venres, os nenos e nenas pasedes a rescatalos.
MÚSICA: OS MAIOS
Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
O ano pasado xa fixemos un na escola grazas a estructura que nos fixo Laureano o pai de Noelia tan amablemente e coa axuda de todas e todos.
Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º domingo de maio en que se enchían as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.
Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.
E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...
Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que podades facer as vosas propias coplas :
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























