E AQUÍ VOS DEIXO AS FOTOS DA NOSA FESTA DE FIN DE ANO.
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
domingo, 27 de decembro de 2020
sábado, 26 de decembro de 2020
GALA ANTI-COVID CARBALLIÑO 2020
Aquí vos deixo a Gala Anti-covid íntegra, por se vos apetece volver a vela coas vosas familias.
mércores, 23 de decembro de 2020
OS AVÓS TAMÉN NOS FELICITAN O NADAL
Os avós da residencia de O Irixo mandáronnos unha felicitación.
Moitísimas grazas de todos os nenos e nenas do colexio!
FELICITACIÓN PARA RESIDENCIA DE MAIORES
Cada ano por estas datas achegámonos á residencia de Maiores do Irixo para felicitarlles o Nadal, este ano por motivos sanitarios tivémola que facer virtualmente.
Aquí vos deixo as súas mensaxes:
martes, 22 de decembro de 2020
GALA ANTI-COVID: ESO QUE TÚ ME DAS
A nosa aportación a Gala Anti-covid mostrando o apoio a Protectora do Carballiño, como non podía ser de outro modo.
luns, 21 de decembro de 2020
FESTIVAL DE NADAL
Aquí tendes o fantástico traballo feito polos nenos e nenas dirixidos poloas súas titoras:
domingo, 13 de decembro de 2020
POSTAIS NADAL 2020
Aquí vos deixo unha montaxe con todas as postais que, con tanta ilusión fiséchedes.
Noraboa polo voso traballo!!
xoves, 3 de decembro de 2020
BUXAINAS, PEONZAS OU TROMPOS
Ben sabedes todos que "Polo San Martiño...peóns ao camino", e este ano volvemos a xogar e a facer as nosas peonzas, ademáis de bailar e cantar unha canción ben chula.
venres, 13 de novembro de 2020
C. SOCIAIS 3º-4º: COMO FACER UN CATAVENTO
Boas tardes chicos e chicas! Aquí vos deixo dous videos de como facer un catavento. A min paréceme máis fácil o 1º.
Se conseguides facelo acordádevos de enviarme a foto. Espero que disfrutedes da fin de semana😉
Aquí vos deixo a canción " A familia papaventos" De Charo Pita:
xoves, 12 de novembro de 2020
FROITAS DE TEMPADA: A GRANADA
Hoxe no comedor tomamos de postre Granada, e foi un éxito. Gustoulles a todos os nenos e nenas, e a verdade, non nos sorprendeu, pois é unha froita ben saborosa e moi divertida. Ademáis de estar cargada con un montón de propiedades entre as que destaca o seu alto poder antioxidante, mellora a circulación e axuda ás nosas defensas.
En este video podedes aprender a desgranala con facilidade😉:
luns, 9 de novembro de 2020
C. SOCIAIS 3ºe 4º: TEMPO ATMOSFÉRICO
domingo, 8 de novembro de 2020
PLÁSTICA: COLLAGE DE OUTONO
Bos días chicos!! Hoxe pola mañán saína pasear e estiven facendo figuras con follas, deixovolas aquí para que as vexades e para animarvos a facer algunha. Non vos olvidedes de compartilas conmigo por correo: irixocolexio@gmail.com ou wasap.
mércores, 4 de novembro de 2020
C. SOCIAIS: CONSTRUIMOS O NOSO PLUVIÓMETRO
De tarefa para este fin de semana propúxenvos facer un PLUVIÓMETRO.
MÚSICA: MUSICOGRAMA FAMILIA ADAMS
Aquí vos deixo o musicograma da famiia Adams para que o fagades na casa.
luns, 2 de novembro de 2020
C. SOCIAIS 3º-4º: AURORA BOREAL
Boas tardes chicas e chicos!! Aquí vos deixo a explicación do que é unha Aurora Boreal. Espero que con estos vídeos queden resoltas as vosas dúbidas.
domingo, 1 de novembro de 2020
PHOTOCALL SAMAÍN
sábado, 31 de outubro de 2020
CONXUROS DE 3º-4º
Os seres que ocuparon a aula de 3º e 4º tamén fixeron concurso para a noite de Samaín.
Aquí os deixo.
Arrepiantes!!!













