Bos días chicos e chicas! Hoxe empezamos o día con Paco Papán, un conto escrito por Patacrúa a partir dun conto tradicional xudeu e ilustrado por Evelyn Daviddi. Disfrutádeo!!!
E aquí vos deixo a canción para que poidades cantala.
Ola rapaces e rapazas de infantil que ides a relixión. A profe María pediume que vos achegase estas fichas que quere que vaiades facendo. E mándavos unha aperta moi grande.
Se premedes na primeira imaxen poderedes descargar as tres fichas para imprimir.
Ola rapaces e rapazas! a profe María ademáis de mandarvos moitos saúdos, deume estas fichas para que vaiades facendo. Eu deixovolas aquí e tamén podedes descargalas se premedes na primeira ficha.
Ola chicos e chicas!!! apetécevos bailar??? Facemos unha coreografía??? Aquí vos deixo ideas, pero podedes facer o que queirades. Tedes hasta o domingo para madarme as vosas coreografías.
Bos días rapazas e rapaces!!! Espero que disfrutásedes da fin de semana. Hoxe quero contarvos este álbum ilustrado de Sarah Thomson e ilustrado por Rob Gonsalves. A min paréceme impresionante!!! Fixádevos ben nas ilustracións.
Como cada venres, o Cirque du Soleil retransmitiu en aberto outro dos seus espectáculos, este venres foi as 2 da madrugada por eso non volo dixen. Pero deixovos aquí o enlace para que podades disfrutalo cando vos vaia mellor a vós.