BÚSQUEDA

mércores, 5 de febreiro de 2020

luns, 3 de febreiro de 2020

PROXECTA: ALIMENTATE BEN. FAITE ECO DO LÓXICO. FEBREIRO. ACELGA

Bos días familias! aquí vos deixamos a relación de productos que este mes están no seu mellor momento para consumir:

Acelga:

Entre os seus principais beneficios, os siguientes son os máis destacados:
  • Grazas ao seu contido en vitamina A e en antioxidantes protexen dos radicales libres e o envellecemento prematuro.
  • É muy recomendable incluilas na dieta de pacientes que sufren enfermidade de Alzheimer debido á presencia de vitamina K.
  • Os folatos que contén fortalecen o sistema inmune.
  • Coidan o noso sistema nervioso e a saude dos músculos. Tamén axuda a manter unha boa frecuencia cardíaca e a ter controlada a presión arterial.
  • O seu aporte en magnesio favorece a salude do sistema dixestivo e o tránsito intestinal, así como ol desenvolvemento de osos e dentes.
  • Combate a anemia ferropénica grazas ao seu alto nivel de ferro.
  • iodo favorece que a glándula da tiroides poda producir as hormonas que precisa.
  • vitamina C axuda a fortalecer osos, texidos e dentes, cicatrizar feridas e absorber mellor o fierro.
  • Son moi recomendables durante o embarazo polo ácido fólico.
  • Axudan a controlar o colesterol.
  • Pola súa escasa cantidade de graxa e calorías son ideais para as dietas de adelgazamento.
  • Protexen contra enfermedades cardiovasculares e enfermedades graves como o cáncro de colon e de próstata.

domingo, 2 de febreiro de 2020

A FAMILIA COMO MOTOR DE CAMBIO

Conferencia de Mar Romera, mestra licenciada en pedagoxía e psicoloxía. Especialista en intelixencia emocional.
Creo que merece a pena facer un esforzo e achegarnos hasta Lalín, pero non vos esquezades de solicitar inscripción, pois o aforo é limitado. 




Aquí vos deixo un fragmento dunha conferencia. 
 

xoves, 30 de xaneiro de 2020

martes, 28 de xaneiro de 2020

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FAITE ECO DO LÓXICO. ALIMENTOS DE PROXIMIDADE

Productos de proximidade. Que son. 
Razóns para consumilos
Ola familias! dentro do Proxecta Aliméntate ben. Fai eco do lóxico temos que falar dos productos de proximidade e da importancia de concienciarnos do beneficios do seu consumo.
Ante os productos que viaxan miles de quilómetros hasta chegar aos fogares están os productos de proximidade, tamén coñecidos como de "quilómetro cero" ou de "cadea curta" os que teñen moitas ventaxas.
Iste tipo de producto non só é máis fresco, senon tamén máis nutritivos, está libre de químicos, entre outras cousas. Os mercados locais puxéronse de moda e mola deixarse ver por eles, pero detrás deles e do consumo destos productos hai moito máis. Por ese motivo deixámosvos dez razóns polas que empezar a consumir productos de proximidade.

  1. O consumo de productos de proximidade axuda aos negocios locais a subsistir. Crea postos de traballo nos centros de cultivo e granxas así como nos lugares de procesado, empaquetado e distribución.
  2. Fomenta a economía local. Todo euro gastado en productos locais é unha inversión para a economía da zoa, pois quédase nela, e pódese converter en novos negocios, novos postos de traballo, etc.
  3. Xenérase menos desperdicio de alimentos. Canto menos é a cadea de distribución, menos posibilidades hai de que os productos se deterioren no proceso, vótense a perder e se teñan que tirar.
  4. O producto é máis fresco e, polo tanto, máis nutritivo. As froitas e verduras acábanse de recolectar, os peixes de capturar, etc. A cercanía permite reducir o tempo de desplazamento do centro de producción ao de venta, onde os alimentos chegan nun estado óptimo.
  5. Conleva menos tempo de desprazamento. Cando o producto local se vende na zoa evítase o consumo de combustibles contaminantes do medio ambiente. É un xesto que non só aforra tempo senon que é respectuoso có planeta.
  6. A variedade de producto pode que sexa máis reducida, limitada polo clima e as condicions do solo, pero permite acceder e probar alimentos novos que non chegan ás grandes superficies.
  7. É un imán para os curiosos e turistas, que consideran os mercados locais como unha atracción. As áreas de producción de alimentos convértense en destinos turísticos e levan diñeiro á zoa. O agro-turismo convírtese en motor da economía local.
  8. Favorece á reserva xenética e ó solo. A comida local fomenta a diversificación da agricultura local que conserva a diversidade xenética e reduce a dependencia dos monocultivos (cultivos únicos que crecen nunha amplia zoa en detrimento dos solos).
  9. Os campos e espazos de cultivo ben explotados e en funcionamiento afastan o desenrolo urbanístico da zoa. A demanda de producto local contribúe a manter as zoas verdes e o solo rural como tal, na maioría de casos.
  10. Fomenta o concepto de "comunidade" e o sentimiento de pertenza á mesma. Os consumidores coñecen ós agricultores, gandeiros e productores en xeneral da sua rexión e crean lazos entre eles. Surxen as colmeas que unen persoas a través das suas afinidades e refórzase o sentimiento de pertenenza.

venres, 24 de xaneiro de 2020

luns, 20 de xaneiro de 2020

Contacontos “Noa no espello”

O xoves tivemos a sorte de disfrutar, unha vez máis, con Sabela Gago, que nos contou o conto “Noa no espello” e o obradoiro de igualdade. 
Aquí vos deixo as fotos e un vídeo para que vos fagades unha idea do divertido que foi.



E o momento no que Breixo axudou a Sabela a contar o conto.


venres, 17 de xaneiro de 2020

luns, 13 de xaneiro de 2020

ALIMÉNTATE BEN. PRODUCTOS DE TEMPEDA. XANEIRO.ESCAROLA

Ola familias! Seguimos co proxecta Aliméntate ben e esta vez achegámosvos os produtos do mes de xaneiro.
Tamén queremos falarvos dos beneficios e propiedades da escarola

A escarola:
Ten sabor lixeiramente amargo e unhas follas máis rizadas que as da leituga, a escarola é a tradicional sustituta desta última durante os meses de inverno, gracias á sua resistencia ó frío. É pois, en xaneiro cando ten unha mellor calidade, aínda que se puede atopar durante todo o ano no mercado.
A escarola é unha variedade da endivia que presenta unhas puntas dentadas e talos ramificados. Trátase dunha planta idónea para preparar ensaladas e que se pode acompañar de outros productos como tomate, cebola e demáis alimentos propios da época.

Propiedades


A escarola é un alimento composto prácticamente por auga e con un escaso contido calórico que a fan idónea en dietas destinadas a combatir problemas de obesidade.
Segundo a Fundación Española de Nutrición, trátase da verdura máis rica en vitaminas, como a C e a B, indispensabeis entre mulleres embarazadas. Así como, tamén está presente a vitamina K, necesaria na coagulación do sangue. Ademáis, tamén axuda a fortalecer o sistema inmunolóxico.
Tamén é unha planta rica en calcio, aínda que o dos vexetais non se absorbe tan ben como o dos productos de orixen animal, coma o leite. Este, xunto ao fósforo, son beneficiosos na saúde de dentes e osos.
A escarola tamén é rica en potasio, que favorece o bo funcionamento do sistema nervioso.

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Recíclate con SOGAMA

Hoxe tivemos unha charla do Proxecto Recíclate con SOGAMA, onde nos ensinaron un montón de cousas para facer un uso responsable do noso planeta, algo que nos preocupa moito.





E aquí vos deixo o contido da charla para que os pais e nais tamén poidades aprender algo e entre todos facer de este planeta 🌏 un lugar limpo e con menos residuos.

luns, 30 de decembro de 2019

O Principiño no Xornal Escolar

O sábado 28 de decembro sairon os nosos artista no Xornal Escolar de La Región. 
Mirade que guapechos!!!


venres, 20 de decembro de 2019

O Principiño

Para os que non puidéchedes vir a espectacular función de onte, aquí vos deixo un adianto
E se fas clik na primeira foto verás un breve video dos 5 minutos antes de comenzar.








martes, 17 de decembro de 2019

XA NON FALTA NADA

Esperámosvos a todos e todas o xoves as 14:00 no salón de actos do colexio.
Sede puntuais!!!


Nerviosos, emocionados e ilusionados...

martes, 10 de decembro de 2019

Mergullándonos no Principiño

Hoxe visitamos a exposición que , con moito cariño, prepararon os voluntarios da biblioteca.
Aprendemos un montón.
Encantounos!!!







luns, 9 de decembro de 2019

A NENA E O GRILO MAIS ALÓ

Hoxe disfrutamos do espectáculo de Magín Blanco "A nena e o grilo mais aló". 
GUSTOUNOS MOITO!!

(Preme na foto e podes ver o video de presentación)