BÚSQUEDA

martes, 11 de xuño de 2019

Trailer de "A Casa da Mosca Chosca"

Sei que o estabades esperando!!!! 
Aquí vos deixo o trailer da nosa curta. 
Espero que vos guste!!! 


sábado, 8 de xuño de 2019

venres, 7 de xuño de 2019

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe gustaríanos aportar este pequeno gran de area para que todos RECICLEMOS, REDUZCAMOS E REUTILICEMOS.


luns, 3 de xuño de 2019

III FESTIVAL DE CINE

Xa non falta nada para a 3ª edición do Festival de Cine do Irixo. Organizado polo CEIP Virxe da Pena da Sela.
Este ano cunha gran novidade: as nosas curtas proxectaranse nunha pantalla de cine!!!
Ide pedindo o día:
                            14 de Xuño, pois as 
                            11 da mañán no 
                           Novocine de Leiro Esperámosvos a todos e todas!!
Aquí vos queda a publicidade, compartídea 😉👍


xoves, 30 de maio de 2019

1º PREMIO NO III CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS

Esta semana vimos de saber que unha alumna de 6º do noso colexio, Elia Casares, foi premiada co 1º premio no III Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos.
PARABÉNS ELIA!!!







xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Como sabedes, este ano, adícaselle a ANTONIO FRAGUAS o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Polo seu amor a nosa lingua, 
a nosa cultura, 
as nosas tradicións,...
en fin polo seu amor a Galicia.

Nós fixemos un vídeo recollendo cales son as nosas razóns para falar galego a cotío. 


mércores, 8 de maio de 2019

DEPORTE ESCOLAR

Hoxe disfrutamos unha xornada de deporte escolar maravillosa!
 Aquí vos deixo o enlace aos vídeos e as fotos.

luns, 6 de maio de 2019

DÍA DA NAI



Felicidades a todas as mamás, avoas, madrillas e tías!!!
Porque sabemos que non hai menciña mais milagreira que os vosos biquiños e mimos.






luns, 15 de abril de 2019

Cumpleanos Ariane

A semana pasada celebramos o cumpleanos de Ariane. Aquí vos deixo as FOTOS e se pinchades na foto de abaixo o vídeo.
Espero que disfrutedes moito de estos días!!! ... e que andedes cos ollos ben abertos 😉😘


mércores, 10 de abril de 2019

CONVIVENCIA 2019

Moito nos tardaba en chegar esta xornada de convivencia!! 
Este ano tocáballe organizar a San Amaro. 
E pasámolo xenial!!! 
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo para recordar os mellores momentos.


martes, 9 de abril de 2019

Eu cociño, ti cociñas?

Hoxe achegámonos ao auditorio de Ourense para disfrutar da magnífica posta en escea de Mamá Cabra, co seu novo disco  Eu cociño ti cociñas?
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo resume.


xoves, 4 de abril de 2019

Deseña unha xoia

Fai unha semana enviamos os nosos deseños para o concurso de “Deseña unha xoia para túa nai”. So nos queda cruzar os dedos e esperar que un dos nosos deseños sexan seleccionado.
 Moita sorte a todos e todas!!!

martes, 2 de abril de 2019

EXCURSIÓN MUSEO DO MAR

Hoxe fixemos unha saída didáctica, ao Museo do Mar de Vigo, para seguir aprendendo máis cousas sobre o Mar.
Aquí vos deixo as FOTOS e un video do magnífico día que disfrutamos.

luns, 1 de abril de 2019

Eu cociño, Ti cociñas??

O martes 9 de abril iremos ó Auditorio de Ourense a ver unha actuación de Mamá Cabra “Eu cociño, ti cociñas?”.
Para preparar o concerto déixovos o enlace á 1ª canción “Empanadillas”




mércores, 27 de marzo de 2019

XORNAL ESCOLAR

Que guapos saímos hoxe no Xornal Escolar!!! plantando o noso bidueiro e carballo, cos alumnos convidados ao noso colexio do CEIP do Foxo, A Estrada, e recitando un poema de Manuel Rivas en Insua dos Poetas.




sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE

E, un ano máis, celebramos o día da árbore plantando unha árbore, un biduero. FOTOS


mércores, 20 de marzo de 2019

Ínsua dos Poetas 2019

E alí estivemos, un ano máis, na querida Ínsua dos Poetas e este ano tocounos ser anfitrións.
Ademáis de celebrar o comenzo da Primavera o día da árbore, da auga e da poesía plantamos unha chea de árbores, disfrutamos da maxia dos poemas de Rosalía, Neira Vilas, Manuel María, Manuel Rivas...e bailamos.
Aquí tendes todas as FOTOS

 


luns, 11 de marzo de 2019

OBRADOIRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe tivemos a visita de Palmira, que veu desde Sardiñeiro, para facernos navegar polo mar dos soños con dous contos marabillosos.
Moitas grazas Palmira polos teus contos, a túa paciencia e por deixarnos a xanela do Faro aberta...
Aquí vos deixo as FOTOS e un vídeo do obradoiro.


xoves, 7 de marzo de 2019

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Para facer un pouco mais visible a figura feminina en todos os eidos estivemos investigando sobre mulleres que destacaron nas profesións que queremos ser de maiores. 
Esperamos que vos guste e
 FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA.