BÚSQUEDA

luns, 15 de abril de 2019

Cumpleanos Ariane

A semana pasada celebramos o cumpleanos de Ariane. Aquí vos deixo as FOTOS e se pinchades na foto de abaixo o vídeo.
Espero que disfrutedes moito de estos días!!! ... e que andedes cos ollos ben abertos 😉😘


mércores, 10 de abril de 2019

CONVIVENCIA 2019

Moito nos tardaba en chegar esta xornada de convivencia!! 
Este ano tocáballe organizar a San Amaro. 
E pasámolo xenial!!! 
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo para recordar os mellores momentos.


martes, 9 de abril de 2019

Eu cociño, ti cociñas?

Hoxe achegámonos ao auditorio de Ourense para disfrutar da magnífica posta en escea de Mamá Cabra, co seu novo disco  Eu cociño ti cociñas?
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo resume.


xoves, 4 de abril de 2019

Deseña unha xoia

Fai unha semana enviamos os nosos deseños para o concurso de “Deseña unha xoia para túa nai”. So nos queda cruzar os dedos e esperar que un dos nosos deseños sexan seleccionado.
 Moita sorte a todos e todas!!!

martes, 2 de abril de 2019

EXCURSIÓN MUSEO DO MAR

Hoxe fixemos unha saída didáctica, ao Museo do Mar de Vigo, para seguir aprendendo máis cousas sobre o Mar.
Aquí vos deixo as FOTOS e un video do magnífico día que disfrutamos.

luns, 1 de abril de 2019

Eu cociño, Ti cociñas??

O martes 9 de abril iremos ó Auditorio de Ourense a ver unha actuación de Mamá Cabra “Eu cociño, ti cociñas?”.
Para preparar o concerto déixovos o enlace á 1ª canción “Empanadillas”




mércores, 27 de marzo de 2019

XORNAL ESCOLAR

Que guapos saímos hoxe no Xornal Escolar!!! plantando o noso bidueiro e carballo, cos alumnos convidados ao noso colexio do CEIP do Foxo, A Estrada, e recitando un poema de Manuel Rivas en Insua dos Poetas.




sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE

E, un ano máis, celebramos o día da árbore plantando unha árbore, un biduero. FOTOS


mércores, 20 de marzo de 2019

Ínsua dos Poetas 2019

E alí estivemos, un ano máis, na querida Ínsua dos Poetas e este ano tocounos ser anfitrións.
Ademáis de celebrar o comenzo da Primavera o día da árbore, da auga e da poesía plantamos unha chea de árbores, disfrutamos da maxia dos poemas de Rosalía, Neira Vilas, Manuel María, Manuel Rivas...e bailamos.
Aquí tendes todas as FOTOS

 


luns, 11 de marzo de 2019

OBRADOIRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe tivemos a visita de Palmira, que veu desde Sardiñeiro, para facernos navegar polo mar dos soños con dous contos marabillosos.
Moitas grazas Palmira polos teus contos, a túa paciencia e por deixarnos a xanela do Faro aberta...
Aquí vos deixo as FOTOS e un vídeo do obradoiro.


xoves, 7 de marzo de 2019

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Para facer un pouco mais visible a figura feminina en todos os eidos estivemos investigando sobre mulleres que destacaron nas profesións que queremos ser de maiores. 
Esperamos que vos guste e
 FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA.



venres, 1 de marzo de 2019

Venres de Entroido

Un gran día para todo. O pasamos moi ben e os nenos e nenas viñan guapísimos.
Aquí vos deixo unha foto de grupo e se picades en ela o enlace de todas as que fixemos hoxe.










Moitas grazas polas chuches 🍭 🍬 
E a seguir disfrutando do Entroido.

xoves, 28 de febreiro de 2019

luns, 25 de febreiro de 2019

martes, 19 de febreiro de 2019

TALLER DE MÁSCARAS

Onte timemos a visita de Sabela Gago, que desta volta fíxonos un divertido taller de máscaras de entroido.
Cigarróns, Pantallas, Felos, Peliqueiros e Vergalleiros, todos eles decorados polos nosos nenos.
Aquí vos deixo o enlace para poder descargar as FOTOS.
Unha actividades moi creativa e divertida!
Moitas grazas Sabela, pola tua paciencia, cariño e creatividade!


mércores, 13 de febreiro de 2019

Cumpleanos de Alejandro

Onte Alejandro estivo de cumpleanos e hoxe celebrámolo. Aquí vos deixo as FOTOS  e o video da festa.


venres, 8 de febreiro de 2019

Adivina adivinanza

Aos nenos de 2º hoxe desuelles por enredar coas adiviñas...a ver cantas acertares??


xoves, 7 de febreiro de 2019

RECITAMOS

Queremos compartir con vós unha poesía que con cariño aprendemos e memorizamos.
Esperamos que vos guste!!


mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

Este ano adicamos o DÍA DA PAZ ao continente africano.
Cada neno investigou sobre un país africano, os seus costumes, lingua, animal mais representativo, danzas, comidas... e hoxe fiemos unha posta en común.
Aquí vos deixo un vídeo de recordo da cornada.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Pozo do Lago

Hoxe disfrutamos dunha xornada de deporte escolar, campo a través en Pozo do Lago.
Orgullosos estamos de todos e todas os nosos alumnos e alumnas, que con moita ilusión correron esta mañán, a pesar do frío  e da humidade.
Aqui tendes todas as FOTOS







https://youtu.be/6YB4MLk1N2w