BÚSQUEDA

sábado, 10 de febreiro de 2024

PHOTOCALL ENTROIDO 2024

Así de guapos e guapas lucimos este ano no Entroido e se pinchades AQUÍ poderedes ver moitas máis fotos.













 

domingo, 4 de febreiro de 2024

11 DE FEBREIRO: EXPERIMENTO HUGO

 

Hoxe deixovos un experimento feito por Hugo, seguro que vos sorprende!!! 


Xa sabes que un ano máis coa chegada do día 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia Greta vos propuso o reto: de que fagades algún experimento nas vosas casas, que o gravedes  dando unha pequena explicación, e que nolo enviedes por wasap ou a esta dirección antes do venres 9.

 irixocolexio@gmail.com

E xa vou adiantando, que todos aqueles que vos sintades científicos e científicas de verdade o mércores 7 podedes vir co voso traxe de científicos a escola😉

venres, 2 de febreiro de 2024

11 DE FEBREIRO: EXPERIMENTO DE CAROLINA

 Aquí vos deixo o 1º experimento que nos chegou. O de Carolina, esperamos que vos guste!!!


Lembrade que un ano máis coa chegada do día 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia Greta vos propuso o reto: de que fagades algún experimento nas vosas casas, que o gravedes  dando unha pequena explicación, e que nolo enviedes por wasap ou a esta direción antes do venres 9.

 irixocolexio@gmail.com

E xa vou adiantando, que todos aqueles que vos sintades científicos e científicas de verdade o mércores 7 podedes vir co voso traxe de científicos a escola😉

TALLER DE COMADRES E COMPADRES







Esta semana o espazo creativo da biblioteca do cole votaba fume, pois os nosos compadres e comadres estaban en proceso de construcción...a verdade é que Greta está encantada téndovos creando nos seus espazos. 


mércores, 24 de xaneiro de 2024

RETO: 11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA



Un ano máis coa chegada do día 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. propoñémosvos o reto: de que fagades algún experimento nas vosas casas, que o gravedes  dando unha pequena explicación, e que nolo enviedes por wasap ou a esta direción antes do venres 9.

 irixocolexio@gmail.com

E xa vou adiantando, que todos aqueles que vos sintades científicos e científicas de verdade o mércores 7 podedes vir co voso traxe de científicos a escola😉

venres, 19 de xaneiro de 2024

CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º

Hoxe foi a reunión do club de lectura dos nenos e nenas de 3º e 4º, para falar do libro "Andrés no espello".




Falamos do que máis nos gustara a cada un de nós do libro, das súas ilustración e do que nos parecía o comportamiento de Andrés con súa nai e co ser amigo.





E finalmente repartimos o seguiste libro que leremos: "Conexión macarrón" de Ledicia Costas

xoves, 18 de xaneiro de 2024

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ: VIVAN LAS MANOS DE COLORES

Aquí vos deixo a canción de este ano para o día da PAZ

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Hoxe tivemos a 1º xuntanza do club de lectura de adultos, onde falamos sobre a novela de Arantza Portabales "A vida segreda de  Úrsula Bals" e a verdade foi un rato ben enriquecedor.

Moitas grazas aos asistentes por este ratiño tan marabilloso!!!

xoves, 11 de xaneiro de 2024

Club de Lectura 5º e 6º

  Hoxe xuntámosnos na biblioteca do cole os nenos e nenas do club de lectura de 5º e 6º para falar sobre o libro "Os animáis da granxa" e, a verdade, desenvolveuse un interesante debate sobre o xusto e o inxusto e de como o poder cambia e corrompe aos animais e "incluso" as persoas.

Moitas grazas amigos lectores por este ratito ten interesante!!!!











 

xoves, 21 de decembro de 2023

VISITA A RESIDENCIA





Como todos os anos por estas datas achegámonos a Residencia da Terceira Idade para felicitarlles o Nadal.

E como ven sendo habitual o Señor Jesús recitounos unha poesía e unha panxoliña que escribiu el: 





mércores, 20 de decembro de 2023

AGASALLO DE ARI E NOELIA


Hoxe recibimos unha visita moi especial, Noelia e Ari vieron a ver o festival e pasaron pola biblioteca para ollar as novedades e ver os cambios que fixemos. 
Pero amén vieron para darnos un regalo moi especial, trouxéronnos este libro para formar parte da nosa biblioteca. 
Moitas grazas chicas!!! Sodes maravillosas!!!😍💕 
 

martes, 19 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023: A GRANXA DOS ANIMAIS

 Todo está listo para o noso festival de Nadal, so faltas ti.

Esperámosvos mañán 20 de decembro as 14:00 no salón de actos do colexio.



luns, 18 de decembro de 2023

BIBLIOTECA SOLIDARIA: CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ALIMENTOS

Hoxe fixemos entrega dos alimentos e xoguetes recadados na campaña solidaria. 
Moitas grazas a todas as familias pola colaboración.