BÚSQUEDA

martes, 26 de abril de 2022

MAIO 2022

E seguimos traballando duro no noso maio...vai quedar fenomenal!!! Moitísimas grazas pola vosa aportación.😍😀 

















PROXECTA:Tradicion o Maio

 Hoxe estivemos cosendo o noso Maio. Que ben o pasamos!!!



luns, 25 de abril de 2022

MAIO 2022

Que maravilla, o cole desde hoxe cheira a bosque!!!😃😍

Grazas familias pola vosa colaboración.













sábado, 23 de abril de 2022

ENTREGA PREMIOS TALENTO CATIVO 2022

 Entre as actividades do Día do Libro tamén tivemos a entrega dos premios do Talento Cativo 2022, aquí vos deixo a fotografía dos ganadores e un video resumo da entrega dos mesmos.

Talento máis creativo: Rebeca Baranda Martínez


Talento máis divertido: Alexandre Baranda Pardo


Talento máis completo: Antía Álvarez Rodríguez


Talento máis espectacular: Ariano Lois Nogueira


Talento máis original: Carmela Fontaíñas Pardo


Entrega de premios:

II FEIRA DO LIBRO

 

E por fin cheguo, a tan esperada, Feira do Libro!!!! e puidemos  canxear os nosos vales 








E tamén desfrutamos dunha sesión de teatro kamishibai da man dos voluntarios da biblioteca e hasta houbo sorteos.

 Aquí vos deixo un video resumo da xornada.

mércores, 20 de abril de 2022

2º FEIRA DO LIBRO

 Que bonita luce a nosa Feira do Libros! !!

Chea de aventuras agachadas nos libros, agardando a que o venres, os nenos e nenas pasedes a rescatalos.

MÚSICA: OS MAIOS

Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
O ano pasado xa fixemos un na escola grazas a estructura que nos fixo Laureano o pai de Noelia tan amablemente e coa axuda de todas e todos.

Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º domingo de maio en que se enchían as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.





Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.



E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...







Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que podades facer as vosas propias coplas :






martes, 19 de abril de 2022

venres, 8 de abril de 2022

TALENTO CATIVO (2ª edición)

 Xa temas aquí a 2ª edición do noso concurso Talento Cativo. 

Todas e todos fiséchedelo moi ben pero cheguo o momento de decidir os mellores.

Recordade que temos 5 premios:

TALENTO MÁIS ORIXINAL

TALENTO MÁIS CREATIVO

TALENTO MÁIS COMPLEXO

TALENTO MÁIS DIVERTIDO

TALENTO MÁIS ESPECTACULAR

martes, 5 de abril de 2022

TALENTO CATIVO: ADIANTO

O venres disfrutaremos da 2º tempada de Talento Cativo Irixo non vola podedes perder!!!

Aquí vos deixo un pequeno adianto.

venres, 1 de abril de 2022

II FEIRA DO LIBRO

 Estamos preparando todo para a II Feira do Libro, preme na imaxe e acede a publicación no blog de Biblioteca.



31 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANS

O xoves celebrouse o Día Internacional da visibilidade trans, se pinchades na bandeira podedes aceder ao blog de biblioteca onde se publicou unha reportaxe sobre o tema.




mércores, 23 de marzo de 2022