E aquí vos deixo información sobre as buxainas ou peóns
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
martes, 9 de novembro de 2021
mércores, 20 de outubro de 2021
PROGRAMA D´TEC: FACTORÍA DE NOVOS MATERIAIS
Vivimos nun mundo cambiante, no que a investigación é fundamental. Camiñamos cara unha sociedade do coñecemento e precisamos que o alumnado coñeza a importancia da innovación e os procesos que iso implica.
O proxecto escolar “Factoría de novos materiais” é unha proposta que achega aos estudantes dos últimos cursos de Educación Primaria un dos campos con máis potencial de futuro: os novos materiais. E faino a través de actividades amenas e prácticas, buscando despertar a curiosidade pola innovación e a investigación.
Para facilitar o desenvolvemento do proxecto recibimos un kit con todos os materiais necesarios para desenvolver as actividades indicadas nos recursos didácticos.
Os contidos que se abordan son os seguintes:
Os novos materiais
Conceptos básicos. Antes de mergullarnos no mundo dos novos materias, repasaremos as súas propiedades e descubriremos que entendemos por novos materiais e que vantaxes e diferenzas presentan cos tradicionais.
Detectives de materiais. No kit inclúense mostras dalgúns materiais con propiedades moi curiosas. O alumnado, coa axuda das guías didácticas e dos docentes, pescudará que os fai espaciais dun xeito totalmente experimental. Exploraremos a pintura máis negra do mundo, unha cinta adhesiva inspirado no animal Gecko, area hidrofóbica e hidroxeles.
Investigando os polímeros. A maior parte dos novos materiais constrúense con grandes moléculas chamadas polímeros. Para achegarnos ao seu coñecemento, realizaremos diferentes actividades prácticas nas que crearemos obxectos con plástico termo moldeable e fabricaremos pelotas saltarinas.
Creando biomateriais. Non queremos esquecer a problemática medioambiental. Por iso imos realizar algunha actividade de concienciación medioambiental e experimentar coa fabricación de materiais orgánicos biodegradables utilizando algo tan cotiá como o leite.
Proxecto final. Para que o alumnado integre todo o aprendido, deberán crear un obxecto partindo dunha problemática que se lles plantexará. Esta actividade non ten finalidade competitiva, senón invitar ao alumnado a explorar o mundo dos novos materias dun xeito autónomo e a través da indagación e a exploración.
luns, 4 de outubro de 2021
LENGUA 5º: LA ANÉCDOTA
La semana pasada, con los niños y niñas de 5º, hemos trabajamos la anécdota.
Mirad que divertidas le han quedado.
¡Espero que os gusten!
HORTO: PLANTACIÓN DE INVERNO
Unha vez recosidos os fritos de verán, preparamos a terra e cultivamos productos de tempada: repolo, nabicol, grelos, escarola e lombarda :
PROXECTA:XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS
Este ano na hora de proxecta os nenos e nenas de 1º e 2º imos a aprender a xogar a unha chea de xogos aos que xogaban os vosos avós e algíns pais.
luns, 27 de setembro de 2021
venres, 25 de xuño de 2021
IV FESTIVAL DE CINE: CURTAMETRAXES
Aquí vos deixo as dúas curtas que faltaban:
La Hormiga Charito:
martes, 22 de xuño de 2021
VIDEO DE DESPEDIDA DOS NENOS DE 6º
Hoxe temos que deixar voar a sete amigos, Ari, Dani, Sela, Erich, Cristian, Manuel e Mª José, cos que compartimos grandísimos momentos e emocións.
No noso corazón sempre quedará a vosa pegada. Voade máis alto do que endexamáis puidésedes imaxinar!!!...e cando estedes alí...regaládenos un arco da vella.
Aquí vos deixo un recordo de moitos de esos momentos compartidos:
MUSEO: PESCUDANDO NO NOSO PASADO
Estamos emocionadísimas e emocionadísimos!!!! O noso traballo de "Pescudando no noso pasado" foi un dos dous selecionados como mellores traballos polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
E grazas a iso poderemos disfrutar, para o ano, dun Taller de Arqueoloxía.
Se pinchades na imaxen podedes aceder a páxina do museo onde o publicaron.
IV FESTIVAL DE CINE: ENTREGA DE PREMIOS
Mellor actriz secundaria:
Noa Varela Fernández polo seu papel de hormiga na curta La Hormiga Charito, dirixida por Chus Otero.
Mellor actor secundario:
Adam Gil García polo papel de xabaríl na curta A Mellor Barbacoa do Mundo, dirixida por Nila Caballero.
Aridane Osorio Carballeda polo papel de Castora na curta de a Tía Lambida dirixido por Mª Luz Cangado.
Mellor actor:
Antón Fernández Terceiro polo papel de León na curta o Elefante Comellón dirixido por Ana Costa.
IV FESTIVAL DE CINE: CURTAMETRAXES
Para todas e todos os que non tivéchedes a sorte de poder desfrutar no cine de Leiro das curtas, ou para os que as víchedes pero queredes volver a velas, aquí vos quedan.
A mellor Barbacoa do Mundo:
domingo, 20 de xuño de 2021
IV FESTIVAL DE CINE: CARTEIS
As películas que se están a proxectar desde o venres no cine de Leiro e que participan no concurso son:
luns, 14 de xuño de 2021
IV FESTIVAL DE CINE
CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES
sábado, 12 de xuño de 2021
LENGUA: Rasi en casa de Lucía
venres, 11 de xuño de 2021
MUSEO: PESCUDANDO NO NOSO PASADO
Hoxe quero darvos as grazas a todas as familias que fiséchedes posible unhas das actividades máis bonitas que levamos feitas no cole, e que, por causa do protocolo covid, non puidéchedes difrutar con nós.
A exposición de obxectos antigos, que decidimos chamar "Pescudando no noso pasado" pois a través de ela descubrimos e aprendemos un montón de cousas.
Os nenos e nenas do cole decidiron, que xa que non puidéchedes vir, que podades disfrutar igualmente de moitas das cousas que estiveron en exposición.
Aquí vos deixo o video que con tanto cariño fixemos para todos vós:
xoves, 10 de xuño de 2021
ECLIPSE SOLAR: 10 DE XUÑO 2021
Que sorte tivemos co tempo hoxe!!! Puidemos disfrutar do eclipse parcial de Sol grazas aos aparellos fabricados polos nenos e nenas da clase de 4 e 5 anos coa axuda da súa profe Nila.
mércores, 9 de xuño de 2021
ECLIPSE SOLAR: 10 DE JUNIO 2021
Mañán podremos disfrutar dun eclipse parcial de Sol, se o tempo nolo permite.
Aquí vos deixo un mapa de como o veremos e as horas nas que sucederá:
HORTO ESCOLAR: grillo topo o alacrán cebollero
Esta mañana, en el patio del cole, ha aparecido este animalillo:






















