BÚSQUEDA

xoves, 13 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS



 Este ano adícase o día das Letras Galegas a Xela Arias, escritora, traductora, editora e poeta Morfortina. 

No cole fixémoslle a súa merecida homenaxe onte. 

Cada clase preparou un rap coa axuda das titoras.E os nenos e nenas de 1º e 2º atrevéronse a representar 2 “Contos ò teléfono”  de Gianni Rodari

Se pinchades na imaxen podedes aceder aos videos publicados en Bibliogreta.


mércores, 12 de maio de 2021

CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES



Estamos encantados, o noso marcador non para de subir, e para a semana imos a ter premio de novo no comedor.😅😉

O xoves colaboraron Lucía e Nikolás Rodríguez, Zaida e Zoe, Sofía, Naira e Noa.


E hoxe Sergio, Marta, Sela, Daniel, Gabriel, Lara e Alicia



XORNAL ESCOLAR

 Hoxe saímos no Xornal Escolar.




HORTO ESCOLAR: Xoaniñas



 Parece que o noso horto, ademáis de gustarnos moito a nós tamén está sendo un reclamo para algúns insectos😊😍





luns, 10 de maio de 2021

HORTO ESCOLAR: Siembra un beso

Boas tardes chicas e chicos!!! Hoxe teño un gran agasallo para vós, un magnífico conto contado polos nenos e nenas da clase da profe Nila.

Vaivos a encantar!!!!🥰🥰❤️

Grazas nenas e nenos, grazas profe Nila e grazas profe Mª José por este agasallo tan especial!!!

CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES


Así vai o noso marcador 110 kg de penso e 6 mòbiles.

O venres colaboraron Alejandro e Lucía Portela, Noelia, Antón  e Noela, Leo e Pepe, Naira e Lara.



E hoxe colaboraron Ari e Eire, Manuela e Mª José, Cristian e Yoel.


Grazas a todos e todas pola vosa solidaridade.
 😉👍🏽

xoves, 6 de maio de 2021

HORTO ESCOLAR: As follas a través das nosas lupas

 


Estos días estamos sacando as nosas lupas ao patio e estamos investigando. 

As veces facemos grandes achádegos como fixo ante Valentina:



CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

Dende esta semana e ata o 21 de xuño arranca a campaña solidaria no cole do Irixo.


Un ano máis, e xa van cinco, arranca a campaña solidaria de recollida de penso e recollida de móbiles vellos e en desuso.

Como xa sabedes colaboramos con ARUME, a protectora de animais do Carballiño, doando penso para cans. 

E tamén co Instituto Jane Goodall, que ademáis de ter apadrinado a Anzac, desde fai 3 anos,


colaboramos na campaña de reciclaxe de móviles "Movilízate por la Selva," Esta é unha iniciativa do Instituto Jame Goodall España para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que a nosa alta demanda de coltán, casiterita e outros minerais para productos electrónicos ten na nosa contorna e nos lugares de orixe, como na República Democrática do Congo. Alí, a guerra polo control das minas producíu xa uns 6 millóns de mortos e case 3 millóns de refuxiados, deforestación, contaminación e matanzas de animais en perigo de extinción como gorilas e chimpancés. 

O 1º en facer a súa achega o martes foi Alejandro Cayetano:

O mércores Sergio, Yanira, Moisés e Hugo:


E hoxe Alejandro Portela, Rebeca e Carolina:




A profe Marta ata nos fixo un contador para levar a conta dos quilos de penso que levamos recadado. Mirade que bonito!!!


Oxalá entre todos cheguemos a franxa verde!!!

“Cada uno de nosotros importa. Cada individuo marca una diferencia, cada día. Debemos usar el don de nuestras vidas para hacer de este mundo un lugar mejor para todos y todas”

Jane Goodall


sábado, 1 de maio de 2021

MÚSICA, AS TRADICIÓNS: O MAIO

Que fermoso quedou o noso Maio!!!! E que bonitas as coplas!!!! Grazas a armazón que, con cariño, fijo Laureano, o pai de Noelia, e a axuda e colaboración de mamás, papás, avóas, avós, profes e sobre todo a ilusión e ganas que lle puxeron todas e todos os nosos cativos.

Este foi o resultado:


AQUÍ VOS DEIXO O VIDEO DO PROCESO DE CONSTRUCCCIÓN


AQUÍ VOS DEIXO O VIDEO COAS COPLAS CANTADAS POLOS NENOS E NENAS

 
 E TODAS AS FOTOS

xoves, 29 de abril de 2021

VISITA DO ESCRITOR XOSÉ LUNA

E por fin chegou o día tan esperado, o autor do Libro dos Bicos, Xosé Luna, achegouse ao noso colexio, cargado de ilusión, enerxía e verbas ben bonitas coas que encheu de poesía e maxia a nosa escola e as nosas vidas.

Recitamos, cantamos, rimos e bailamos e pouco a pouco foinos enfeitizando e tranformando en sementes alfúfaras de poetas.

Dende o abrente hasta o solpor,

Xosé Luna con amor.

Deixaches os nosos corazóns

alfúfaros.






Aquí vos deixo unha montaxe cos mellores momentos da visita, e todas as fotos e videos:


LENGUA: Rasi en casa de Alexandre e Violeta

Rasi volveu a pasar pola casa de Alexandre e Violeta, reencontrouse cos seus amigos coellos. Tamén tivo a oportunidade de coñecer ao tio Toño recen chegado de Pananmá e colaborou coas tarefas da casa xunto coa Rumba😉👌