Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
mércores, 25 de maio de 2022
MURAL
luns, 23 de maio de 2022
ENTREGA DA CESTA
Hoxe pola tarde fixemos entrega da cesta ao pusuidor do boleto premiado.
Noraboa e a disfrutala con saúde!!!
HORTO: recollida de leitugas
Esta semana no comedor do colexio poderemos desfrutar das fantásticas leitugas do noso horto.
Os nenos e nenas da clase de 5º e 6º foron os encargados de recollelas e levalas ao cociñeiro:
E Sergio no la preparou😅
sábado, 21 de maio de 2022
CESTA DO SORTEO DO 19 de maio
O número gañador da cesta é o posuidor da rifa co número 171.
venres, 20 de maio de 2022
VISITA DA ESCRITORA RAQUEL MÍGUEZ
Hoxe tivemos a sorte de poder compartir a mañán con Raquel Míguez, escritora de O Irixo autora de varias novelas entre as que está "Awoki y los piratas en playa escondida" novela que tivemos o pracer de ler.
Tivemos a oportunidade de coñecer un pouco da vida da escritora, das súas novelas e de como comenzou a escribir, incluso deunos algún que outro "truco" para poder escribir.
Aprendemos un montón de cousas e sobre todo pasámolo fenomenal!!!
E por suposto, os nenos e nenas do Irixo souberon estar a altura agasallando a Raquel con tarxetas, productos marca Irixo e unha fantástica maqueta insperida na novela.
E, por suposto, a autora firmou os exemplares dos nosos libros:
xoves, 19 de maio de 2022
mércores, 18 de maio de 2022
HORTO: 1ª colleita de amorodos
Hoxe recollemos a 1º colleita de amorodos do noso invernadeiro, e foron os pequenos do cole os encargados de recollelos e degustalos, Que ricos estaban!!!
E a próxima semana comeremos no comedor as nosas leitugas, Mirade que boa pinta teñen!!!
venres, 13 de maio de 2022
CESTA DO SORTEO DO 19 de maio
Se aínda non tes ningunha apúrate a compralas, o sortéo é para o 19 de maio.
Aproveitamos para agradecer as doación de:
Cooperativa Loureiro
A carniceria Hermanos Ferradás
Supermercado Froiz do Carballiño
xoves, 12 de maio de 2022
mércores, 11 de maio de 2022
HORTO: PLANTAMOS TOMATEIRAS E LEITUGA "HOJA DE ROBLE"
XORNAL ESCOLAR
martes, 10 de maio de 2022
HORTO: Os nenos e nenas de 3 e 4 anos regan as leitugas e amorodos
Mirade que grandes temos as leitugas e as fresas grazas a gran axuda dos nenos de 3 e 4 anos, que con tanto cariño regaron as plantiña.
CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO
Xa estamos en 128 kgs de penso!!!
Hoxe grazas a Valentina, Antía, Alexandre e Violeta, Antón, Sofía e Lara.
luns, 9 de maio de 2022
domingo, 8 de maio de 2022
EXCURSIÓN A COOPERATIVA LOUREIRO
O venres, as nenas e nenos de ed. infantil, desprazáronse hasta as instalacións da cooperativa Loureiro para aprender das mans da técnica responasble do control de calidade no laboratorio, Gloria Bernárdez, unha chea de cousas do leite e dos seus derivados, e para degustar todos os seus productos.
Moitas grazas Gloria pola túa dedicación e amabilidade!!!
Aquí vos deixo un video resumo da saída:
sábado, 7 de maio de 2022
HORTO: plantando leitugas e garavanzos.
Esta semana transplantamos as leitugas e garavanzos que xerminamos.










































