Hoxe tócanos framboesa .
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
martes, 25 de maio de 2021
luns, 24 de maio de 2021
venres, 21 de maio de 2021
LENGUA: Rasi en casa de Leo
xoves, 20 de maio de 2021
mércores, 19 de maio de 2021
FROITA NOS RECREOS: Néspera
Hoxe merendaremos néspera, outra das froitas de tempada e proximidade, que por certo está boísima!!!
venres, 14 de maio de 2021
HORTO ESCOLAR: Transplantamos as pequenas 🪴
Esta semana estivemos pasando as nosas pequenas plantas para as mesas de cultivo e os maceteros. Que ben o pasamos!!!!
xoves, 13 de maio de 2021
LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS
Este ano adícase o día das Letras Galegas a Xela Arias, escritora, traductora, editora e poeta Morfortina.
No cole fixémoslle a súa merecida homenaxe onte.
Cada clase preparou un rap coa axuda das titoras.E os nenos e nenas de 1º e 2º atrevéronse a representar 2 “Contos ò teléfono” de Gianni Rodari
Se pinchades na imaxen podedes aceder aos videos publicados en Bibliogreta.
mércores, 12 de maio de 2021
CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES
O xoves colaboraron Lucía e Nikolás Rodríguez, Zaida e Zoe, Sofía, Naira e Noa.
E hoxe Sergio, Marta, Sela, Daniel, Gabriel, Lara e Alicia
HORTO ESCOLAR: Xoaniñas
Parece que o noso horto, ademáis de gustarnos moito a nós tamén está sendo un reclamo para algúns insectos😊😍
luns, 10 de maio de 2021
HORTO ESCOLAR: Siembra un beso
Vaivos a encantar!!!!🥰🥰❤️
Grazas nenas e nenos, grazas profe Nila e grazas profe Mª José por este agasallo tan especial!!!
CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES
O venres colaboraron Alejandro e Lucía Portela, Noelia, Antón e Noela, Leo e Pepe, Naira e Lara.
xoves, 6 de maio de 2021
HORTO ESCOLAR: As follas a través das nosas lupas
Estos días estamos sacando as nosas lupas ao patio e estamos investigando.
As veces facemos grandes achádegos como fixo ante Valentina:
CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES
Dende esta semana e ata o 21 de xuño arranca a campaña solidaria no cole do Irixo.
Un ano máis, e xa van cinco, arranca a campaña solidaria de recollida de penso e recollida de móbiles vellos e en desuso.
Como xa sabedes colaboramos con ARUME, a protectora de animais do Carballiño, doando penso para cans.
E tamén co Instituto Jane Goodall, que ademáis de ter apadrinado a Anzac, desde fai 3 anos,
“Cada uno de nosotros importa. Cada individuo marca una diferencia, cada día. Debemos usar el don de nuestras vidas para hacer de este mundo un lugar mejor para todos y todas”
Jane Goodall
sábado, 1 de maio de 2021
MÚSICA, AS TRADICIÓNS: O MAIO
Que fermoso quedou o noso Maio!!!! E que bonitas as coplas!!!! Grazas a armazón que, con cariño, fijo Laureano, o pai de Noelia, e a axuda e colaboración de mamás, papás, avóas, avós, profes e sobre todo a ilusión e ganas que lle puxeron todas e todos os nosos cativos.
Este foi o resultado:
xoves, 29 de abril de 2021
VISITA DO ESCRITOR XOSÉ LUNA
E por fin chegou o día tan esperado, o autor do Libro dos Bicos, Xosé Luna, achegouse ao noso colexio, cargado de ilusión, enerxía e verbas ben bonitas coas que encheu de poesía e maxia a nosa escola e as nosas vidas.
Recitamos, cantamos, rimos e bailamos e pouco a pouco foinos enfeitizando e tranformando en sementes alfúfaras de poetas.
Dende o abrente hasta o solpor,
Xosé Luna con amor.
Deixaches os nosos corazóns
alfúfaros.
Aquí vos deixo unha montaxe cos mellores momentos da visita, e todas as fotos e videos:








































