BÚSQUEDA

luns, 16 de marzo de 2020

Actividade de LEANDRO LAMAS

Todo un éxito a actividade que vos propusen de Leandro Lamas.
Grazas Leandro por esta iniciativa!!
Grazas a todos e todas: nais, país, nenos e nenas, pasei un par de horas super acompañada, GRAZAS!!!
Deixovos aquí os debuxos que me mandáchedes, e ao final os pasos que hai que seguir para facelo para aqueles que non puidechedes facelo 😉

Preparados:





Así quedaron os vosos debuxos:

Leo:

 Lucía Portela:

Lucía Rodríguez:

Antía:

Noela:
 

Marta:


 Yoel:


Zaida:
Carolina:

Alejandro Portela:




Brais:

Yanira:



Ana:

Pasos para facelo:



















CONSELLOS PARA ORGANIZAR O TEMPO

Roque abúrrese, e tiven que explicarlle como podía ir ocupando o día.
1º Paso: facer un horario, é importante que organicedes o día, como na escola. De esta forma saberedes que tedes que facer en cada momento.
    - Algo de tarefas, ler, escribir, contas,...
   - Algo de exercicio: bailar, saltar, pilates,...(se queredes podedes grabar algún video e mandalo e eu o subo ao blog, e así poderemos practicalo todos)
   - Algo de debuxo ou manualidades, si se vos ocurre algunha manualidade compartídea e así poderemos facelo todos)
     - Algo de cociña, seguro que sabedes facer algunha receita que vos sae xenial e que podedes compartir.
       - Algo de música, tocar, bailar, escoitar, compartide e así podemos disfrutar todos.
    - Tempo para axudar, organizar, limpar,...seguro que as estanterías da habitación están algo revoltas, seguro que se as ordenades atopades un montón de cousas que xa non vos lembrábades de que estaban.
      - Xogar, seguro que tedes xoguetes cos que fai unha eternidade que non xogades. Propóñovos que cada día collades un.
       - Invertar algo novo, construir un invento para calquera cousa, quitade foto e compartide.
       - Algo de teatro está xenial, xogade cos vosos irmáns, ou pais, ou nais e disfrazádevos.
       - Falade con papá, con mamá, coa avoa, que vos conten cousas de cando eles iban a escola, ou ao río, de cando quedaban cos seus amigos na rúa, e se buscaban ras, cágados,...

Bueno, seguro que a vós se vos ocurren moitas mais cousas, se as queredes compartir déixovos aquí o meu correo:

                 kyaneos74@gmail.com




Sigamos os consellos de estos nenos e nenas

A ver se rocoñecedes a alguén😉



Unha actividade interesante

Ola chicos!!! Leandro Lamas, que é o ilustrador de varios libros infantís que andan pola biblioteca da escola, proponnos unha actividade moi interesante mañán as 16.

 Deixovos aquí o link por se vos interesa. Eu fareino e logo compartirémolo😉.
CONVOCATÓRIA
Manhá, 16M, ás 16hrs andarei por aquí fazendo um desenho "passo a passo" por se queredes ir copiando. 
Apetece-vos!? 
Se vos presta, aquí estarei. 
Precissades um lapis, goma e folio. 
#ficamosnacasa #euficonacasa #ficonacasa #quedonacasa

domingo, 15 de marzo de 2020

OLA CHICOS!!

Ola familias! como estades? espero que todos estedes ben.
En primeiro lugar quero saudarvos, xa estou en activo de novo.
Despois, informarvos de que vou a facer un grupo de difusión de wassap cos pais do meu grupo, para poder estar comunicados, se non queredes estar en este grupo de difusión só tedes que decirmo e vos quito.
E principalmente saudar aos nenos e nenas:


xoves, 5 de marzo de 2020

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FROITA NOS RECREOS

Seguindo co programa Aliméntate ben, repartimos froita a hora do recreo, esta iniciativa, tivo moi boa acollida entre o nos alumnado. Aos nenos e nenas encantoulles tomar froita e descubrir froitas novas.


martes, 3 de marzo de 2020

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FAITE ECO DO LÓXICO. MARZO. BERROS

Aquí vos deixamos os alimentos de temporada do mes de marzo.

Berros:

Beneficios do consumo dos berros para a salude

  • Os berros axúdannos a coidar da nosa pel e mantela san.
  • Combaten o estreñimiento ao favorecer o tránsito intestinal regular.
  • Contribúen a mellorar dolencias da pel e a mantela san. Neste caso aplícase o zume que se obten ó machacar a planta e ponse sobre a zoa afectada.
  • Axuda a combatir as infeccións.
  • Preven a formación de pedras nos riles e vesícula.
  • Melloran o funcionamiento do fígado.
  • O uso do mastuerzo contra os resfriados é moi antigo.
  • Reducen a inflamación.
  • Axúdannos a ter un cabelo san.
  • Favorecen a eliminación de líquidos retidos.
  • Reduce o azúcre en sangue debido á fibra que conten.
  • Melloran a curación de feridas
  • Os berros axudan a combatir a gota, o ácido úrico alto.
  • Tradicionalmente considerouse o berro como un alimento protector dos riles
  • Combaten a anemia.
  • Son beneficiosos para as persoas que sufren de reuma.
  • Os mariñeiros levábanse nas suas viaxes o mastuerzo para ter unha boa fonte de vitamina C e evitar o escorbuto.

xoves, 27 de febreiro de 2020

venres, 21 de febreiro de 2020

Photocall ENTROIDO

Pero que guapas e guapos estábades hoxe!!!
E que ben o pasamos!!!
Aquí quedan as fotos e un vídeo de recordo.








xoves, 20 de febreiro de 2020

COMADRES

E aquí vos queda a montaxe do día de comadres, que o pasamos: REQUETECHUPIPIRILENDI!!!

 

sábado, 15 de febreiro de 2020

COUSIÑAS QUE NAMORAN

CARTAS QUE VEÑEN E VAN

A semana pasada, os nenos de 3 anos, fixéronnos unha visita e déronnos unha sorpresa, trouxéronnos unha carta para cada un de nós.
Con moita ilusión escribimos a resposta a esos bonitos debuxos e o día dos namorados fomos a entregarlles as nosas cartiñas.
Aquí vos quedan as Fotos  e unha pequena montaxe.
Foi un momento moi especial.


luns, 10 de febreiro de 2020

Planetario no colexio

Desde hoxe, e durante toda a semana, disfrutaremos do planetario de Obra social de “la Caixa” no colexio.



mércores, 5 de febreiro de 2020

luns, 3 de febreiro de 2020

PROXECTA: ALIMENTATE BEN. FAITE ECO DO LÓXICO. FEBREIRO. ACELGA

Bos días familias! aquí vos deixamos a relación de productos que este mes están no seu mellor momento para consumir:

Acelga:

Entre os seus principais beneficios, os siguientes son os máis destacados:
  • Grazas ao seu contido en vitamina A e en antioxidantes protexen dos radicales libres e o envellecemento prematuro.
  • É muy recomendable incluilas na dieta de pacientes que sufren enfermidade de Alzheimer debido á presencia de vitamina K.
  • Os folatos que contén fortalecen o sistema inmune.
  • Coidan o noso sistema nervioso e a saude dos músculos. Tamén axuda a manter unha boa frecuencia cardíaca e a ter controlada a presión arterial.
  • O seu aporte en magnesio favorece a salude do sistema dixestivo e o tránsito intestinal, así como ol desenvolvemento de osos e dentes.
  • Combate a anemia ferropénica grazas ao seu alto nivel de ferro.
  • iodo favorece que a glándula da tiroides poda producir as hormonas que precisa.
  • vitamina C axuda a fortalecer osos, texidos e dentes, cicatrizar feridas e absorber mellor o fierro.
  • Son moi recomendables durante o embarazo polo ácido fólico.
  • Axudan a controlar o colesterol.
  • Pola súa escasa cantidade de graxa e calorías son ideais para as dietas de adelgazamento.
  • Protexen contra enfermedades cardiovasculares e enfermedades graves como o cáncro de colon e de próstata.

domingo, 2 de febreiro de 2020

A FAMILIA COMO MOTOR DE CAMBIO

Conferencia de Mar Romera, mestra licenciada en pedagoxía e psicoloxía. Especialista en intelixencia emocional.
Creo que merece a pena facer un esforzo e achegarnos hasta Lalín, pero non vos esquezades de solicitar inscripción, pois o aforo é limitado. 




Aquí vos deixo un fragmento dunha conferencia. 
 

xoves, 30 de xaneiro de 2020

martes, 28 de xaneiro de 2020

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FAITE ECO DO LÓXICO. ALIMENTOS DE PROXIMIDADE

Productos de proximidade. Que son. 
Razóns para consumilos
Ola familias! dentro do Proxecta Aliméntate ben. Fai eco do lóxico temos que falar dos productos de proximidade e da importancia de concienciarnos do beneficios do seu consumo.
Ante os productos que viaxan miles de quilómetros hasta chegar aos fogares están os productos de proximidade, tamén coñecidos como de "quilómetro cero" ou de "cadea curta" os que teñen moitas ventaxas.
Iste tipo de producto non só é máis fresco, senon tamén máis nutritivos, está libre de químicos, entre outras cousas. Os mercados locais puxéronse de moda e mola deixarse ver por eles, pero detrás deles e do consumo destos productos hai moito máis. Por ese motivo deixámosvos dez razóns polas que empezar a consumir productos de proximidade.

  1. O consumo de productos de proximidade axuda aos negocios locais a subsistir. Crea postos de traballo nos centros de cultivo e granxas así como nos lugares de procesado, empaquetado e distribución.
  2. Fomenta a economía local. Todo euro gastado en productos locais é unha inversión para a economía da zoa, pois quédase nela, e pódese converter en novos negocios, novos postos de traballo, etc.
  3. Xenérase menos desperdicio de alimentos. Canto menos é a cadea de distribución, menos posibilidades hai de que os productos se deterioren no proceso, vótense a perder e se teñan que tirar.
  4. O producto é máis fresco e, polo tanto, máis nutritivo. As froitas e verduras acábanse de recolectar, os peixes de capturar, etc. A cercanía permite reducir o tempo de desplazamento do centro de producción ao de venta, onde os alimentos chegan nun estado óptimo.
  5. Conleva menos tempo de desprazamento. Cando o producto local se vende na zoa evítase o consumo de combustibles contaminantes do medio ambiente. É un xesto que non só aforra tempo senon que é respectuoso có planeta.
  6. A variedade de producto pode que sexa máis reducida, limitada polo clima e as condicions do solo, pero permite acceder e probar alimentos novos que non chegan ás grandes superficies.
  7. É un imán para os curiosos e turistas, que consideran os mercados locais como unha atracción. As áreas de producción de alimentos convértense en destinos turísticos e levan diñeiro á zoa. O agro-turismo convírtese en motor da economía local.
  8. Favorece á reserva xenética e ó solo. A comida local fomenta a diversificación da agricultura local que conserva a diversidade xenética e reduce a dependencia dos monocultivos (cultivos únicos que crecen nunha amplia zoa en detrimento dos solos).
  9. Os campos e espazos de cultivo ben explotados e en funcionamiento afastan o desenrolo urbanístico da zoa. A demanda de producto local contribúe a manter as zoas verdes e o solo rural como tal, na maioría de casos.
  10. Fomenta o concepto de "comunidade" e o sentimiento de pertenza á mesma. Os consumidores coñecen ós agricultores, gandeiros e productores en xeneral da sua rexión e crean lazos entre eles. Surxen as colmeas que unen persoas a través das suas afinidades e refórzase o sentimiento de pertenenza.

venres, 24 de xaneiro de 2020

luns, 20 de xaneiro de 2020

Contacontos “Noa no espello”

O xoves tivemos a sorte de disfrutar, unha vez máis, con Sabela Gago, que nos contou o conto “Noa no espello” e o obradoiro de igualdade. 
Aquí vos deixo as fotos e un vídeo para que vos fagades unha idea do divertido que foi.



E o momento no que Breixo axudou a Sabela a contar o conto.


venres, 17 de xaneiro de 2020