BÚSQUEDA

mércores, 27 de novembro de 2019

PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FROITAS DE TEMPADA. NOVEMBRO. Caqui

Un ano máis, o noso colexio, participa no programa "Aliméntate Ben".
 Este ano traballaremos as froitas e verduras de tempada, e os productos da contorna, para promover un consumo sostible e responsable.
Aquí vos queda un cuadro coas froitas e verduras do mes de Novembro, así como as propiedades do Caqui, 1º froia degustada no noso comedor escolar.
                  de polpa xugosa e doce, cunha textura suave e cremosa.
A árbore que os produce é de madeira dura, e folla caduca. Cando lle caen as follas vense os caquis cunha cor vermella brillante.
É orixinaria de China.

Propiedades do caqui:
                   Aporta hidratos de carbono, principalmente fructosa e glucosa, o cal convérteo nun alimento nutritivo e enerxético.
As súas fibras solubles, regulan o tránsito intestinal e alivian as gastritis.
Cando os caquis son verdes resultan astrinxentes.
Rico en antioxidantes: provitamina A o betacaroteno, vitamina C e vitamina B6, K e vitamina E, é aconsellable en caso de estrés ou ante problemas de vista.
Contén minerais como manganeso, cobre, o patasio, o magnesio e o fósforo.

Beneficios do caqui:
                    O caqui está indicado para calquera que teña boa saude, e tamén para nenos, deportistas e persoas que realicen traballos físicos intensos.
Coida a vista. Protexe especialmente os ollos e preven a dexeneración macular, que é a primeira causa de cegueira asociada ao paso dos anos.
Un dos efectos máis estudados é o antioxidante, que evita a dexeneración dos tecidos protexendo ás celulas dos radicais libres  e outras sustancias.
Poden mercarse e conxelarse, pois consérvanse perfectamente.
Tamén pódese desecar, como se fai en Xapón. Entón vólvense marróns pero seguen sendo suculentos e doces.

Os nosos nenos degustando os caquis no comedor: 







luns, 11 de novembro de 2019

MAGOSTO

E un ano máis celebramos o Magosto no colé, comemos castañas, bailamos, corremos e tiznámonos as caras.
Fotos



Porque "Polo San Martiño, peóns ao camiño"

sábado, 9 de novembro de 2019

mércores, 30 de outubro de 2019

Fotos de Samaín

Hoxe viñeron seres espeluznantes, arrepiantes  e terroríficos a escola, se non me credes votade un ollo as fotos.













CONXUROS SAMAÍN 5º-6º

E aquí quedan os conxuros das nenas e nenos de 5º-6º....ARREPIANTES!!!!



martes, 29 de outubro de 2019

sábado, 26 de outubro de 2019

CUMPLEANOS DE MARTA E LEO

Esta semana celebramos os cumpleanos do mes de outubro.
O de Marta, que foi o día 3, e o de Leo, que será o vindeiro 31.
Como sempre, pasámolo xenial!!!
Deixovos as FOTOS e o vídeo:

venres, 18 de outubro de 2019

xoves, 17 de outubro de 2019

ADIVIÑAS DE OUTONO

Estos días os nenos de primeiro andiveron buscando adiviñas de outono, aquí vos quedan xunto cos seus traballiños.


mércores, 9 de outubro de 2019

mércores, 2 de outubro de 2019

CUMPLE DE LUCÍA PORTELA, YANIRA E LUCÍA RODRÍGUEZ

En setembro cumpliron anos Lucía Portela, Yanira e Lucía Rodríguez.
Aquí vos queda o enlace as fotos e un pequeno video.


 

E aquí vos quedan as fotos e o video do cumple da profe.

martes, 1 de outubro de 2019

OUFF ESCOLA 2019

Un ano máis participamos no OUFF ESCOLA, nesta ocasión coa curta a "A Casa da Mosca Chosca". Fomos todos elegantes á gala de entrega de premios, e aínda que non fomos escollidos entre os mellores pasámolo xenial. FOTOS












         

domingo, 29 de setembro de 2019

HOMENAXE A CARLOS

Grazas a todos e todas os que co voso cariño, apoio, esforzó e presencia fiséchedes que o venres fose un día tan especial para todos e poder sorprender ao noso querido Carlos.
Deixovos algunhas fotos do acto.

Momento no que os nenos e nenas o reciben en absoluto silencio:

Os nenos e nenas din adxetivos que queren resumir os 24 anos de dedicación e traballo no colexio do Irixo.

Abrazo espontáneo dos nenos e nenas:




Momento no que o actual director do colexio, o presidente da ANPA, o Alcalde do Irixo, unha representante de alumnos que xa non están no colexio, e unha representante dos alumnos, que aínda están no colexio, lle dedican unhas palabras de agarimo e lle dan uns agasallos:





Profe Carlos, o teu paso polas nosas vidas modificounos e fíxonos mellores presoas.
Siempre te levaremos nos nosos corazóns!!


venres, 27 de setembro de 2019

O PROFE CARLOS

Hoxe celebramos na escola o Día Mundial do Deporte, e achegouse ao noso cole o Coordinador do Deporte Escolar da provincia de Ourense, Carlos Bericat, anterior director do centro.
E decidimos facerlle unha pequeña homenaje aos seus 24 anos de dedicación ao noso colexio.
Aquí vos queda o video que fixemos co recordo que teñen os nenos e nenas das súas clases.


martes, 10 de setembro de 2019

COMENZA O COLE

A máquina xa está en marcha!!!
Todo esta listo para empezar un novo curso, con moitos cambios pero con moitos proxectos tamén, e como sempre: MOITÍSIMA ILUSIÓN.
 Alá imos!!! 😉

xoves, 20 de xuño de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Aquí vos deixo o enlace ás FOTOS da excursión e ó vídeo. 
Lástima non traer uns quiliños de marisco!! 😁😅



venres, 14 de xuño de 2019

PHOTOCALL DO FESTIVAL

PREMIOS DO III FESTIVAL DE CINE DO IRIXO


PREMIO Á MELLOR ACTRIZ PRINCIPAL A:

Noelia Nogueira Álvarez




PREMIO MELLOR ACTOR PRINCIPAL A:


Alejandro Nogueira Guevara


PREMIO Á MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA A:

Aroa Ledo Iglesias


PREMIO Ó MELLOR ACTOR SECUNDARIO A:

Gabriel Campo Porral


PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE A:


MENCIÓN ESPECIAL:

 Parabéns a todos e todas polas vosas interpretacións!!!

CURTAMETRAXES DO III FESTIVAL DE CINE

E por fin chegou o día!!

Aquí vos deixo as curtas proxectadas na sala de cine Novocine de Leiro.







ROMEO Y JULIETA


A CASA DA MOSCA CHOSCA

     


SAÚDO DE EVA MEJUTO 
Autora do libro A casa Da Mosca Chosca


A MIÑA PELÍCULA PREFERIDA





QUE É O FESTIVAL DE CINE PARA TI???

 

III FESTIVAL DE CINE

E POR FIN CHEGOU O DIA!!!
As máquinas  do cine de Leiro xa están quentando motores. 
O gran estreno de
ROMEO Y JULIETA 

A CASA DA MOSCA CHOSCA


Non faltes!!!


martes, 11 de xuño de 2019

Trailer de "A Casa da Mosca Chosca"

Sei que o estabades esperando!!!! 
Aquí vos deixo o trailer da nosa curta. 
Espero que vos guste!!! 


sábado, 8 de xuño de 2019

venres, 7 de xuño de 2019

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe gustaríanos aportar este pequeno gran de area para que todos RECICLEMOS, REDUZCAMOS E REUTILICEMOS.


luns, 3 de xuño de 2019

III FESTIVAL DE CINE

Xa non falta nada para a 3ª edición do Festival de Cine do Irixo. Organizado polo CEIP Virxe da Pena da Sela.
Este ano cunha gran novidade: as nosas curtas proxectaranse nunha pantalla de cine!!!
Ide pedindo o día:
                            14 de Xuño, pois as 
                            11 da mañán no 
                           Novocine de Leiro Esperámosvos a todos e todas!!
Aquí vos queda a publicidade, compartídea 😉👍


xoves, 30 de maio de 2019

1º PREMIO NO III CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS

Esta semana vimos de saber que unha alumna de 6º do noso colexio, Elia Casares, foi premiada co 1º premio no III Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos.
PARABÉNS ELIA!!!







xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Como sabedes, este ano, adícaselle a ANTONIO FRAGUAS o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Polo seu amor a nosa lingua, 
a nosa cultura, 
as nosas tradicións,...
en fin polo seu amor a Galicia.

Nós fixemos un vídeo recollendo cales son as nosas razóns para falar galego a cotío. 


mércores, 8 de maio de 2019

DEPORTE ESCOLAR

Hoxe disfrutamos unha xornada de deporte escolar maravillosa!
 Aquí vos deixo o enlace aos vídeos e as fotos.

luns, 6 de maio de 2019

DÍA DA NAI



Felicidades a todas as mamás, avoas, madrillas e tías!!!
Porque sabemos que non hai menciña mais milagreira que os vosos biquiños e mimos.






luns, 15 de abril de 2019

Cumpleanos Ariane

A semana pasada celebramos o cumpleanos de Ariane. Aquí vos deixo as FOTOS e se pinchades na foto de abaixo o vídeo.
Espero que disfrutedes moito de estos días!!! ... e que andedes cos ollos ben abertos 😉😘


mércores, 10 de abril de 2019

CONVIVENCIA 2019

Moito nos tardaba en chegar esta xornada de convivencia!! 
Este ano tocáballe organizar a San Amaro. 
E pasámolo xenial!!! 
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo para recordar os mellores momentos.


martes, 9 de abril de 2019

Eu cociño, ti cociñas?

Hoxe achegámonos ao auditorio de Ourense para disfrutar da magnífica posta en escea de Mamá Cabra, co seu novo disco  Eu cociño ti cociñas?
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo resume.


xoves, 4 de abril de 2019

Deseña unha xoia

Fai unha semana enviamos os nosos deseños para o concurso de “Deseña unha xoia para túa nai”. So nos queda cruzar os dedos e esperar que un dos nosos deseños sexan seleccionado.
 Moita sorte a todos e todas!!!

martes, 2 de abril de 2019

EXCURSIÓN MUSEO DO MAR

Hoxe fixemos unha saída didáctica, ao Museo do Mar de Vigo, para seguir aprendendo máis cousas sobre o Mar.
Aquí vos deixo as FOTOS e un video do magnífico día que disfrutamos.

luns, 1 de abril de 2019

Eu cociño, Ti cociñas??

O martes 9 de abril iremos ó Auditorio de Ourense a ver unha actuación de Mamá Cabra “Eu cociño, ti cociñas?”.
Para preparar o concerto déixovos o enlace á 1ª canción “Empanadillas”




mércores, 27 de marzo de 2019

XORNAL ESCOLAR

Que guapos saímos hoxe no Xornal Escolar!!! plantando o noso bidueiro e carballo, cos alumnos convidados ao noso colexio do CEIP do Foxo, A Estrada, e recitando un poema de Manuel Rivas en Insua dos Poetas.




sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE

E, un ano máis, celebramos o día da árbore plantando unha árbore, un biduero. FOTOS


mércores, 20 de marzo de 2019

Ínsua dos Poetas 2019

E alí estivemos, un ano máis, na querida Ínsua dos Poetas e este ano tocounos ser anfitrións.
Ademáis de celebrar o comenzo da Primavera o día da árbore, da auga e da poesía plantamos unha chea de árbores, disfrutamos da maxia dos poemas de Rosalía, Neira Vilas, Manuel María, Manuel Rivas...e bailamos.
Aquí tendes todas as FOTOS

 


luns, 11 de marzo de 2019

OBRADOIRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe tivemos a visita de Palmira, que veu desde Sardiñeiro, para facernos navegar polo mar dos soños con dous contos marabillosos.
Moitas grazas Palmira polos teus contos, a túa paciencia e por deixarnos a xanela do Faro aberta...
Aquí vos deixo as FOTOS e un vídeo do obradoiro.


xoves, 7 de marzo de 2019

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Para facer un pouco mais visible a figura feminina en todos os eidos estivemos investigando sobre mulleres que destacaron nas profesións que queremos ser de maiores. 
Esperamos que vos guste e
 FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA.



venres, 1 de marzo de 2019

Venres de Entroido

Un gran día para todo. O pasamos moi ben e os nenos e nenas viñan guapísimos.
Aquí vos deixo unha foto de grupo e se picades en ela o enlace de todas as que fixemos hoxe.










Moitas grazas polas chuches 🍭 🍬 
E a seguir disfrutando do Entroido.

xoves, 28 de febreiro de 2019

luns, 25 de febreiro de 2019

martes, 19 de febreiro de 2019

TALLER DE MÁSCARAS

Onte timemos a visita de Sabela Gago, que desta volta fíxonos un divertido taller de máscaras de entroido.
Cigarróns, Pantallas, Felos, Peliqueiros e Vergalleiros, todos eles decorados polos nosos nenos.
Aquí vos deixo o enlace para poder descargar as FOTOS.
Unha actividades moi creativa e divertida!
Moitas grazas Sabela, pola tua paciencia, cariño e creatividade!