BÚSQUEDA

venres, 14 de xuño de 2019

III FESTIVAL DE CINE

E POR FIN CHEGOU O DIA!!!
As máquinas  do cine de Leiro xa están quentando motores. 
O gran estreno de
ROMEO Y JULIETA 

A CASA DA MOSCA CHOSCA


Non faltes!!!


martes, 11 de xuño de 2019

Trailer de "A Casa da Mosca Chosca"

Sei que o estabades esperando!!!! 
Aquí vos deixo o trailer da nosa curta. 
Espero que vos guste!!! 


sábado, 8 de xuño de 2019

venres, 7 de xuño de 2019

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe gustaríanos aportar este pequeno gran de area para que todos RECICLEMOS, REDUZCAMOS E REUTILICEMOS.


luns, 3 de xuño de 2019

III FESTIVAL DE CINE

Xa non falta nada para a 3ª edición do Festival de Cine do Irixo. Organizado polo CEIP Virxe da Pena da Sela.
Este ano cunha gran novidade: as nosas curtas proxectaranse nunha pantalla de cine!!!
Ide pedindo o día:
                            14 de Xuño, pois as 
                            11 da mañán no 
                           Novocine de Leiro Esperámosvos a todos e todas!!
Aquí vos queda a publicidade, compartídea 😉👍


xoves, 30 de maio de 2019

1º PREMIO NO III CONCURSO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS

Esta semana vimos de saber que unha alumna de 6º do noso colexio, Elia Casares, foi premiada co 1º premio no III Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos.
PARABÉNS ELIA!!!







xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Como sabedes, este ano, adícaselle a ANTONIO FRAGUAS o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Polo seu amor a nosa lingua, 
a nosa cultura, 
as nosas tradicións,...
en fin polo seu amor a Galicia.

Nós fixemos un vídeo recollendo cales son as nosas razóns para falar galego a cotío. 


mércores, 8 de maio de 2019

DEPORTE ESCOLAR

Hoxe disfrutamos unha xornada de deporte escolar maravillosa!
 Aquí vos deixo o enlace aos vídeos e as fotos.

luns, 6 de maio de 2019

DÍA DA NAI



Felicidades a todas as mamás, avoas, madrillas e tías!!!
Porque sabemos que non hai menciña mais milagreira que os vosos biquiños e mimos.






luns, 15 de abril de 2019

Cumpleanos Ariane

A semana pasada celebramos o cumpleanos de Ariane. Aquí vos deixo as FOTOS e se pinchades na foto de abaixo o vídeo.
Espero que disfrutedes moito de estos días!!! ... e que andedes cos ollos ben abertos 😉😘


mércores, 10 de abril de 2019

CONVIVENCIA 2019

Moito nos tardaba en chegar esta xornada de convivencia!! 
Este ano tocáballe organizar a San Amaro. 
E pasámolo xenial!!! 
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo para recordar os mellores momentos.


martes, 9 de abril de 2019

Eu cociño, ti cociñas?

Hoxe achegámonos ao auditorio de Ourense para disfrutar da magnífica posta en escea de Mamá Cabra, co seu novo disco  Eu cociño ti cociñas?
Aquí vos deixo as FOTOS e o vídeo resume.


xoves, 4 de abril de 2019

Deseña unha xoia

Fai unha semana enviamos os nosos deseños para o concurso de “Deseña unha xoia para túa nai”. So nos queda cruzar os dedos e esperar que un dos nosos deseños sexan seleccionado.
 Moita sorte a todos e todas!!!

martes, 2 de abril de 2019

EXCURSIÓN MUSEO DO MAR

Hoxe fixemos unha saída didáctica, ao Museo do Mar de Vigo, para seguir aprendendo máis cousas sobre o Mar.
Aquí vos deixo as FOTOS e un video do magnífico día que disfrutamos.

luns, 1 de abril de 2019

Eu cociño, Ti cociñas??

O martes 9 de abril iremos ó Auditorio de Ourense a ver unha actuación de Mamá Cabra “Eu cociño, ti cociñas?”.
Para preparar o concerto déixovos o enlace á 1ª canción “Empanadillas”




mércores, 27 de marzo de 2019

XORNAL ESCOLAR

Que guapos saímos hoxe no Xornal Escolar!!! plantando o noso bidueiro e carballo, cos alumnos convidados ao noso colexio do CEIP do Foxo, A Estrada, e recitando un poema de Manuel Rivas en Insua dos Poetas.




sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE

E, un ano máis, celebramos o día da árbore plantando unha árbore, un biduero. FOTOS


mércores, 20 de marzo de 2019

Ínsua dos Poetas 2019

E alí estivemos, un ano máis, na querida Ínsua dos Poetas e este ano tocounos ser anfitrións.
Ademáis de celebrar o comenzo da Primavera o día da árbore, da auga e da poesía plantamos unha chea de árbores, disfrutamos da maxia dos poemas de Rosalía, Neira Vilas, Manuel María, Manuel Rivas...e bailamos.
Aquí tendes todas as FOTOS

 


luns, 11 de marzo de 2019

OBRADOIRO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe tivemos a visita de Palmira, que veu desde Sardiñeiro, para facernos navegar polo mar dos soños con dous contos marabillosos.
Moitas grazas Palmira polos teus contos, a túa paciencia e por deixarnos a xanela do Faro aberta...
Aquí vos deixo as FOTOS e un vídeo do obradoiro.


xoves, 7 de marzo de 2019

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Para facer un pouco mais visible a figura feminina en todos os eidos estivemos investigando sobre mulleres que destacaron nas profesións que queremos ser de maiores. 
Esperamos que vos guste e
 FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA.



venres, 1 de marzo de 2019

Venres de Entroido

Un gran día para todo. O pasamos moi ben e os nenos e nenas viñan guapísimos.
Aquí vos deixo unha foto de grupo e se picades en ela o enlace de todas as que fixemos hoxe.










Moitas grazas polas chuches 🍭 🍬 
E a seguir disfrutando do Entroido.

xoves, 28 de febreiro de 2019

luns, 25 de febreiro de 2019

martes, 19 de febreiro de 2019

TALLER DE MÁSCARAS

Onte timemos a visita de Sabela Gago, que desta volta fíxonos un divertido taller de máscaras de entroido.
Cigarróns, Pantallas, Felos, Peliqueiros e Vergalleiros, todos eles decorados polos nosos nenos.
Aquí vos deixo o enlace para poder descargar as FOTOS.
Unha actividades moi creativa e divertida!
Moitas grazas Sabela, pola tua paciencia, cariño e creatividade!


mércores, 13 de febreiro de 2019

Cumpleanos de Alejandro

Onte Alejandro estivo de cumpleanos e hoxe celebrámolo. Aquí vos deixo as FOTOS  e o video da festa.


venres, 8 de febreiro de 2019

Adivina adivinanza

Aos nenos de 2º hoxe desuelles por enredar coas adiviñas...a ver cantas acertares??


xoves, 7 de febreiro de 2019

RECITAMOS

Queremos compartir con vós unha poesía que con cariño aprendemos e memorizamos.
Esperamos que vos guste!!


mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

Este ano adicamos o DÍA DA PAZ ao continente africano.
Cada neno investigou sobre un país africano, os seus costumes, lingua, animal mais representativo, danzas, comidas... e hoxe fiemos unha posta en común.
Aquí vos deixo un vídeo de recordo da cornada.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Pozo do Lago

Hoxe disfrutamos dunha xornada de deporte escolar, campo a través en Pozo do Lago.
Orgullosos estamos de todos e todas os nosos alumnos e alumnas, que con moita ilusión correron esta mañán, a pesar do frío  e da humidade.
Aqui tendes todas as FOTOS







https://youtu.be/6YB4MLk1N2w

xoves, 27 de decembro de 2018

LA GALLINA AZUL

Este sábado no Teatro Principal de Ourense as 17:00 tendes a oportunidade de ver “La Gallina Azul” representada por monicreques.






E para que recordedes a curta que fixemos fai dous anos deixovos o enlace



mércores, 26 de decembro de 2018

luns, 24 de decembro de 2018

BO NADAL





Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º e a súa mestra queremos desexarvos a todos unhas FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANO NOVO
Pulsa na foto😉


domingo, 23 de decembro de 2018

PAPÁ NOEL

Polo cole pasou Papá Noel.
Premede nas fotos para ver os vídeos.








sábado, 22 de decembro de 2018

20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

O equipo de mestres queremos darvos as grazas a todas as nenas e nenos do colexio polo voso traballo, esforzo e sobre todo polo voso entusiasmo.
Tras horas de estudar os papeis, ensaiar os bailes e as esceas, triunfáchedes o xoves. O espectáculo foi un éxito!!
Sodes marabillosos e os mestres estamos moi orgullosos de vós.
NORABOA A TODAS E TODOS.
Todas as FOTOS



20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

Deixovos os vídeos dos bailes do fesival para que poidades ver mentres non está listo o video de toda a obra.


  

  


mércores, 19 de decembro de 2018

20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

Todo listo!!
Esperámosvos a todos e todas mañán as 14:30 na entrada do colexio. 
Convidámosvos a desconectar durante unha hora das vosas vidas e emprender unha viaxe por lugares maravillosos, cheos de seres fantásticos e espíritus intrépidos e loitadores.
Non faltedes!!!