Hoxe , coa axuda dos alumnos e alumnas de 5º e 6º montamos os 10 paneis da exposición "Sen biodiversidade non hai vida" cedida pola asociación Ecoloxistas en Acción Ourense.
Esta exposición estará no noso colexio 15 días e axudaranos a entender a importancia de coidar o noso entorno para protexer todas e cada unha das especies e reflexionar sobre as accións que podemos levar a cabo para a conservación da biodiversidade tan necesaria para o ser humano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario