BÚSQUEDA

xoves, 6 de maio de 2021

HORTO ESCOLAR: As follas a través das nosas lupas

 


Estos días estamos sacando as nosas lupas ao patio e estamos investigando. 

As veces facemos grandes achádegos como fixo ante Valentina:



CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

Dende esta semana e ata o 21 de xuño arranca a campaña solidaria no cole do Irixo.


Un ano máis, e xa van cinco, arranca a campaña solidaria de recollida de penso e recollida de móbiles vellos e en desuso.

Como xa sabedes colaboramos con ARUME, a protectora de animais do Carballiño, doando penso para cans. 

E tamén co Instituto Jane Goodall, que ademáis de ter apadrinado a Anzac, desde fai 3 anos,


colaboramos na campaña de reciclaxe de móviles "Movilízate por la Selva," Esta é unha iniciativa do Instituto Jame Goodall España para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que a nosa alta demanda de coltán, casiterita e outros minerais para productos electrónicos ten na nosa contorna e nos lugares de orixe, como na República Democrática do Congo. Alí, a guerra polo control das minas producíu xa uns 6 millóns de mortos e case 3 millóns de refuxiados, deforestación, contaminación e matanzas de animais en perigo de extinción como gorilas e chimpancés. 

O 1º en facer a súa achega o martes foi Alejandro Cayetano:

O mércores Sergio, Yanira, Moisés e Hugo:


E hoxe Alejandro Portela, Rebeca e Carolina:




A profe Marta ata nos fixo un contador para levar a conta dos quilos de penso que levamos recadado. Mirade que bonito!!!


Oxalá entre todos cheguemos a franxa verde!!!

“Cada uno de nosotros importa. Cada individuo marca una diferencia, cada día. Debemos usar el don de nuestras vidas para hacer de este mundo un lugar mejor para todos y todas”

Jane Goodall