BÚSQUEDA

mércores, 24 de xaneiro de 2024

RETO: 11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA



Un ano máis coa chegada do día 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. propoñémosvos o reto: de que fagades algún experimento nas vosas casas, que o gravedes  dando unha pequena explicación, e que nolo enviedes por wasap ou a esta direción antes do venres 9.

 irixocolexio@gmail.com

E xa vou adiantando, que todos aqueles que vos sintades científicos e científicas de verdade o mércores 7 podedes vir co voso traxe de científicos a escola😉

venres, 19 de xaneiro de 2024

CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º

Hoxe foi a reunión do club de lectura dos nenos e nenas de 3º e 4º, para falar do libro "Andrés no espello".




Falamos do que máis nos gustara a cada un de nós do libro, das súas ilustración e do que nos parecía o comportamiento de Andrés con súa nai e co ser amigo.





E finalmente repartimos o seguiste libro que leremos: "Conexión macarrón" de Ledicia Costas

xoves, 18 de xaneiro de 2024

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ: VIVAN LAS MANOS DE COLORES

Aquí vos deixo a canción de este ano para o día da PAZ

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Hoxe tivemos a 1º xuntanza do club de lectura de adultos, onde falamos sobre a novela de Arantza Portabales "A vida segreda de  Úrsula Bals" e a verdade foi un rato ben enriquecedor.

Moitas grazas aos asistentes por este ratiño tan marabilloso!!!

xoves, 11 de xaneiro de 2024

Club de Lectura 5º e 6º

  Hoxe xuntámosnos na biblioteca do cole os nenos e nenas do club de lectura de 5º e 6º para falar sobre o libro "Os animáis da granxa" e, a verdade, desenvolveuse un interesante debate sobre o xusto e o inxusto e de como o poder cambia e corrompe aos animais e "incluso" as persoas.

Moitas grazas amigos lectores por este ratito ten interesante!!!!