BÚSQUEDA

xoves, 27 de decembro de 2018

LA GALLINA AZUL

Este sábado no Teatro Principal de Ourense as 17:00 tendes a oportunidade de ver “La Gallina Azul” representada por monicreques.






E para que recordedes a curta que fixemos fai dous anos deixovos o enlace



mércores, 26 de decembro de 2018

luns, 24 de decembro de 2018

BO NADAL





Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º e a súa mestra queremos desexarvos a todos unhas FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANO NOVO
Pulsa na foto😉


domingo, 23 de decembro de 2018

PAPÁ NOEL

Polo cole pasou Papá Noel.
Premede nas fotos para ver os vídeos.








sábado, 22 de decembro de 2018

20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

O equipo de mestres queremos darvos as grazas a todas as nenas e nenos do colexio polo voso traballo, esforzo e sobre todo polo voso entusiasmo.
Tras horas de estudar os papeis, ensaiar os bailes e as esceas, triunfáchedes o xoves. O espectáculo foi un éxito!!
Sodes marabillosos e os mestres estamos moi orgullosos de vós.
NORABOA A TODAS E TODOS.
Todas as FOTOS



20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

Deixovos os vídeos dos bailes do fesival para que poidades ver mentres non está listo o video de toda a obra.


  

  


mércores, 19 de decembro de 2018

20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

Todo listo!!
Esperámosvos a todos e todas mañán as 14:30 na entrada do colexio. 
Convidámosvos a desconectar durante unha hora das vosas vidas e emprender unha viaxe por lugares maravillosos, cheos de seres fantásticos e espíritus intrépidos e loitadores.
Non faltedes!!! 


xoves, 13 de decembro de 2018

The hour of Code

Hoxe contamos cunha actividade moi divertida no colexio “The hour of Code” na que gracias a Iván Luis puidemos xogar programando...e todo elo con moito ritmo😜.
Grazas Iván




domingo, 25 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO. NON É NON

Hoxe 25 de novembro Día Internacional contra a violencia de xénero,  deixovos o vídeo que montou Álvaro coas fotos do taller, no que o pasado martes, fixéchedes este magnífico mural entre todos.







E de paso deixovos o contó de Maruxa para que vexades en familia e reflexionedes.


CUMPLEANOS DE LUCÍA

E por fin veu Lucía e poidemos darlle as postais de cumple...FOTOS

mércores, 21 de novembro de 2018

CUMPLEANOS

Hoxe celebramos unha chea de cumpleaños que tiñamos atrasados. Que ben o pasamos !!! Aquí tended as FOTOS

 Látima de que non estuviese Lucía, votámoste en falta😘


venres, 16 de novembro de 2018

Cabazas 2018

E aquí vos quedan as arrepiantes, terroríficas e escalofriantes cabazas e adornos de Samaín. 

SODES UNS ARTISTAS!!!(...E os vosos papás e mamás MÁIS😉) 


martes, 30 de outubro de 2018

RECEITAS TERRORÍFICAS!!!

Esta semana é arrepiante e nos fixemos as nosas receitas terroríficas.
 Que ben o pasamos!!!! FOTOS PARA DESCARGAR

venres, 21 de setembro de 2018

ABECEDARIO

Aquí vos deixo a canción do Abecedario de Magin Blanco, para que vos axude a apredelo ben .


martes, 18 de setembro de 2018

Festa fin de curso 2017-18

E cuns meses de retraso 😅... deixovos o resumen da fiesta de fin de curso


martes, 11 de setembro de 2018

Comenza un novo curso

      Ola amiguiñas e amiguiños! Benvida a todos e todas!!
Comeza un novo curso e os Mestres xa estamos dándolle voltas a moitos proxectos que queremos compartir con vós.
Mañán partimos a unha nova viaxe. Desexamos que traigades as maletas cheas de un pouco de paciencia, algo de ilusión, bastantes ganas, moita enerxía, uns anteollos de ver o insignificante, unha pizca de empatía e moita, moita curiosidade.
Deixovos este vídeo da canción "Ven conmigo" de María Fuaça para darvos a benvida a este novo curso:



domingo, 1 de xullo de 2018

xoves, 21 de xuño de 2018

II Festival de cine

Noraboa a todos e todas as galardonadas!!
E moitas grazas ao xurado!


O resultado do II Festival de Cine:

Premio á mellor curtametraxe para: 


BARTLEBY






2º Premio á mellor curtametraxe:


A FESTA NO FAIADO






Mellores artistas secundarios:

Sela Suárez Cristóbal



Alejandro Portela Fidalgo



Mellor actor principal:

Daniel Álvarez Rodríguez



Mellor actriz principal:

Ariane Luis Nogueira







mércores, 20 de xuño de 2018

II FESTIVAL DE CINE

Mañán celebramos no colé o II Festival de cine.
Que nerviosos e nerviosas estamos!!!


A nosa curta baseada nun libro de María Victoria Moreno " A festa no faiado"

luns, 18 de xuño de 2018

CONCURSO CHEFS SAUDABLES

Hoxe recollemos en Santiago o 2º premio, na categoría de centros de menos de 50 alumnos, no concurso de Chefs Saudables, que nos dieron polo menú elaborador todos os nenos e nenas de primaria.
1º Xoaniñas de cherri de 2º Coello ao romeu e de sobremesa limóns recheos de froitos do bosque
Noraboa a todos e todas!!!








Deixovos o video bañador 



         

...e a versión en longo para que podades recordalo.
     

       

domingo, 17 de xuño de 2018

A FESTA NO FAIADO-Trailer

Un ano máis fixemos unha curtametraxe inspirada nunha obra da autora homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, "A festa no faiado".
Pronto será a gran estrea. 
Mentres déixovos o trailer. 


sábado, 16 de xuño de 2018

REVISTA

E aquí vos deixo a última entrega deste curso da revista escolar para que poidades ir lendo mentres non sae da imprenta.
Espero que vos guste tanto como a nós!



PLATANDO LANDRAS

O venres tivemos a sorte de que Floro, o papá de Antón, se acercara ao cole e nos adicase un par de horas onde nos falou sobre os carballos, os castiñeiros e as súas plagas.
Aproveitamos para plantar unha araucaria e facer un semilleiro de landras, coa esperanza de que para o ano que ven poidamos plantar un montón de carballos.
Aquí vos deixo as fotos ...deixade que os rapaces vos expliquen 😉

Moitas grazas Floro!!! Aprendemos un montón de cousiñas!!



xoves, 14 de xuño de 2018

martes, 12 de xuño de 2018

II ROMARÍA PENA DA SELA

Hoxe celebramos a II Romaría Pena da Sela. Moitas grazas a todos e todas as que compartíchedes este día con nós. 

¡Pasámolo xenial!



martes, 5 de xuño de 2018

xoves, 24 de maio de 2018

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS polo voso esforzo, inxenio e interese.

DÍA DA NAI

QUE BONITOS AGASALLOS!! 
Como se nota que unha das persoas que máis queredes é a vosa NAI!!


mércores, 23 de maio de 2018

XOGANDO CO ATLETISMO 2018

Onte 22 de maio participamos da xornada "XOGANDO CO ATLETISMO" no pabellón de Carballiño.

Que ben o pasamos!!!





xoves, 12 de abril de 2018

CUMPLEANOS DE ARIANE

O luns día 9 de abril foi o cumpleaños de Ariane e este mércores celebramos na clase. ¡ MOITAS FELICIDADES ARI!

Aquí vos deixo as fotos da fiesta

mércores, 11 de abril de 2018

XORNAL ESCOLAR 11/04/18

HOXE SAÍMOS NO XORNAL ESCOLAR. 

Aquí tendes a noticia que saíu no jornal impresa:



E aquí vos deixo a edición dixital. Se premedes na imaxe levaravos a páxina da Rexión.




martes, 10 de abril de 2018

CHEFS SAUDABLES

Un ano máis, no noso afán de promover unha vida sá, adicamos unha xornada á cociña na que os nosos alumnos elaboran unha comida que ó tempo que é saudable é fácil e divertida.

 1º Prato:  XOANIÑAS DE CHERRI


 Elaborada por: 

  
 2º Prato:    COELLO Ó ROMEU CON GUARNICIÓN




  Elaborada por: 


  Postre:   LIMÓNS RECHEOS DE FROITOS DO BOSQUE


  Elaborada por:
 

E este é o video versión curta resumen das nosas receitas:





Vídeo versión longa:





xoves, 8 de marzo de 2018

8 de marzo: Día da muller traballadora


Este ano para celebrar esta data investigamos sobre mulleres moi importantes en diversos campos da ciencia: físicas, arqueólogas, astrónomas, matemáticas, químicas...sobre os seus logros e sobre o difícil que lles foi chegar a eles nunha sociedades na que non era nada fácil se eras muller.
Aquí vos queda a vida de 9 mulleres que marcaron a historia do noso planeta




luns, 26 de febreiro de 2018

CONVIVENCIA 2018

Este ano a convivencia deportiva celebrarase o 21 de marzo no noso colé.

E nós propoñemos Global Muiñeira ao estilo do Irixo.


 

Para poder aprender os pasos e ensaiala os nenos e nenas do Irixo prepararon estes turoriais, esperamos que vos sirvan de axuda.

Paso 1:


/h2>

 Paso 2:

 

 Paso 3: 

 

Paso 4:

   

 Paso 5:

 

xoves, 15 de febreiro de 2018

mércores, 14 de febreiro de 2018

DESFILE DE ENTROIDO

O venres como choveu non saínos polo Irixo como é costume, pero tivemos o noso desfile un tanto particular. Improvisamos pequeñas "postas en escena" de acordo cos nosos disfraces...e a verdade sairon cosas realmente boas. PARABÉNS A TODAS E TODOS Aquí vos deixo unha montaxe que fixen cos vídeos que gravou o profe Álvaro.

martes, 6 de febreiro de 2018

Visita de QUICO VALEIRAS

SOPA DE VERSOS para a alma.
O pasado luns 29 de xaneiro,tivemos a sorte de contar no noso centro coa presencia dun poeta de actialidade QUICO VALEIRAS.

Esta visita foi organizada e subvencionada pola ANPA. Grazas pola túa visita! aprendemos moito 😉

sábado, 3 de febreiro de 2018

COMPADRES

E xa temos o entroido a volta da esquina...e no cole o xoves xa celebramos compadres.


DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O día 30 celebramos no cole o Día Escolar da non violencia e a Paz, continuando co traballo comenzado o ano pasado, o fixemos coñecendo outros países, as súas culturas e as súas costumbres, para deste xeito poder comprender mellor as diferentes formas de ver a vida e ser máis tolerantes. Este ano o fixemos do continente americano.

Cumpleanos de Erich e Aridane

Aquí tendes o vídeo dos cumples desta semana.
Moitas felicidades!!




domingo, 14 de xaneiro de 2018

RITMO DE CUPS

Empezámolo ano cun ritmo moi marchoso, deixovos o tutorial para que o ensaiedes na casa 😉