Hoxe celebramos na escola O Día Escolar da Paz e da Non Violencia aquí vos deixo as fotos.
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
xoves, 30 de xaneiro de 2020
martes, 28 de xaneiro de 2020
PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN. FAITE ECO DO LÓXICO. ALIMENTOS DE PROXIMIDADE
Productos de proximidade. Que son.
Razóns para consumilos
Ola familias! dentro do Proxecta Aliméntate ben. Fai eco do lóxico temos que falar dos productos de proximidade e da importancia de concienciarnos do beneficios do seu consumo.Ante os productos que viaxan miles de quilómetros hasta chegar aos fogares están os productos de proximidade, tamén coñecidos como de "quilómetro cero" ou de "cadea curta" os que teñen moitas ventaxas.
Iste tipo de producto non só é máis fresco, senon tamén máis nutritivos, está libre de químicos, entre outras cousas. Os mercados locais puxéronse de moda e mola deixarse ver por eles, pero detrás deles e do consumo destos productos hai moito máis. Por ese motivo deixámosvos dez razóns polas que empezar a consumir productos de proximidade.
- O consumo de productos de proximidade axuda aos negocios locais a subsistir. Crea postos de traballo nos centros de cultivo e granxas así como nos lugares de procesado, empaquetado e distribución.
- Fomenta a economía local. Todo euro gastado en productos locais é unha inversión para a economía da zoa, pois quédase nela, e pódese converter en novos negocios, novos postos de traballo, etc.
- Xenérase menos desperdicio de alimentos. Canto menos é a cadea de distribución, menos posibilidades hai de que os productos se deterioren no proceso, vótense a perder e se teñan que tirar.
- O producto é máis fresco e, polo tanto, máis nutritivo. As froitas e verduras acábanse de recolectar, os peixes de capturar, etc. A cercanía permite reducir o tempo de desplazamento do centro de producción ao de venta, onde os alimentos chegan nun estado óptimo.
- Conleva menos tempo de desprazamento. Cando o producto local se vende na zoa evítase o consumo de combustibles contaminantes do medio ambiente. É un xesto que non só aforra tempo senon que é respectuoso có planeta.
- A variedade de producto pode que sexa máis reducida, limitada polo clima e as condicions do solo, pero permite acceder e probar alimentos novos que non chegan ás grandes superficies.
- É un imán para os curiosos e turistas, que consideran os mercados locais como unha atracción. As áreas de producción de alimentos convértense en destinos turísticos e levan diñeiro á zoa. O agro-turismo convírtese en motor da economía local.
- Favorece á reserva xenética e ó solo. A comida local fomenta a diversificación da agricultura local que conserva a diversidade xenética e reduce a dependencia dos monocultivos (cultivos únicos que crecen nunha amplia zoa en detrimento dos solos).
- Os campos e espazos de cultivo ben explotados e en funcionamiento afastan o desenrolo urbanístico da zoa. A demanda de producto local contribúe a manter as zoas verdes e o solo rural como tal, na maioría de casos.
- Fomenta o concepto de "comunidade" e o sentimiento de pertenza á mesma. Os consumidores coñecen ós agricultores, gandeiros e productores en xeneral da sua rexión e crean lazos entre eles. Surxen as colmeas que unen persoas a través das suas afinidades e refórzase o sentimiento de pertenenza.
venres, 24 de xaneiro de 2020
mércores, 22 de xaneiro de 2020
luns, 20 de xaneiro de 2020
Contacontos “Noa no espello”
O xoves tivemos a sorte de disfrutar, unha vez máis, con Sabela Gago, que nos contou o conto “Noa no espello” e o obradoiro de igualdade.
Aquí vos deixo as fotos e un vídeo para que vos fagades unha idea do divertido que foi.
E o momento no que Breixo axudou a Sabela a contar o conto.
venres, 17 de xaneiro de 2020
mércores, 15 de xaneiro de 2020
luns, 13 de xaneiro de 2020
ALIMÉNTATE BEN. PRODUCTOS DE TEMPEDA. XANEIRO.ESCAROLA
Ola familias! Seguimos co proxecta Aliméntate ben e esta vez achegámosvos os produtos do mes de xaneiro.
Tamén queremos falarvos dos beneficios e propiedades da escarola
A escarola:
Ten sabor lixeiramente amargo e unhas follas máis rizadas que as da
leituga, a escarola é a tradicional sustituta desta última durante os meses de inverno,
gracias á sua resistencia ó frío. É pois, en xaneiro cando ten unha mellor calidade, aínda
que se puede atopar durante todo o ano no mercado.
A escarola é unha variedade da endivia que
presenta unhas puntas dentadas e talos ramificados. Trátase dunha
planta idónea para preparar ensaladas e que se pode acompañar de outros
productos como tomate, cebola e demáis alimentos propios da época.
Propiedades
A escarola é un alimento composto prácticamente por auga e con un escaso contido calórico que a fan idónea en dietas destinadas a combatir problemas de obesidade.
Segundo a Fundación Española de Nutrición, trátase da verdura máis rica en vitaminas,
como a C e a B, indispensabeis entre mulleres embarazadas. Así como,
tamén está presente a vitamina K, necesaria na coagulación do
sangue. Ademáis, tamén axuda a fortalecer o sistema inmunolóxico.
Tamén
é unha planta rica en calcio, aínda que o dos vexetais non se absorbe
tan ben como o dos productos de orixen animal, coma o leite. Este,
xunto ao fósforo, son beneficiosos na saúde de dentes e osos.
A escarola tamén é rica en potasio, que favorece o bo funcionamento do sistema nervioso.
xoves, 9 de xaneiro de 2020
Recíclate con SOGAMA
Hoxe tivemos unha charla do Proxecto Recíclate con SOGAMA, onde nos ensinaron un montón de cousas para facer un uso responsable do noso planeta, algo que nos preocupa moito.
E aquí vos deixo o contido da charla para que os pais e nais tamén poidades aprender algo e entre todos facer de este planeta 🌏 un lugar limpo e con menos residuos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)