BÚSQUEDA

sábado, 5 de febreiro de 2022

RETO: 11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

A próxima semana, o día 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e para conmemorar ese día propóñovos un reto: que fagades algún experimento nas vosas casas, que o gravedes  dando unha pequena explicación, e que nolo enviedes por wasap ou a esta direción antes do xoves 10.

 irixocolexio@gmail.com

E xa vou adiantando, que todos aqueles que vos sintades científicos e científicas de verdade o venres 11 podedes vir co voso traxe de científicos a escola😉

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 


O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.

Na escola seguimos traballando e investigando para dar a coñecer a tantas e tantas mulleres que ao longo da historia fixeron grandes avances científicos. 

Aquí vos deixo dúas reportaxes ben interesante sobre algunha das máis importantes, se pinchades na súa foto contaravos algo das súas vidas.





Tamén vos quero deixar unhas imaxes de mulleres STEAM para colorear, por se vos apetece que algunha de estas mulleres decoren a vosa habitación