BÚSQUEDA

martes, 22 de xuño de 2021

VIDEO DE DESPEDIDA DOS NENOS DE 6º

 Hoxe temos que deixar voar a sete amigos, Ari, Dani, Sela, Erich, Cristian, Manuel e Mª José, cos que compartimos grandísimos momentos e emocións. 

No noso corazón sempre quedará a vosa pegada. Voade máis alto do que endexamáis puidésedes imaxinar!!!...e cando estedes alí...regaládenos un arco da vella.

Aquí vos deixo un recordo de moitos de esos momentos compartidos:


MUSEO: PESCUDANDO NO NOSO PASADO

 Estamos emocionadísimas e emocionadísimos!!!! O noso traballo de "Pescudando no noso pasado" foi un dos dous selecionados como mellores traballos polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. 

E grazas a iso poderemos disfrutar, para o ano, dun  Taller de  Arqueoloxía.

Se pinchades na imaxen podedes aceder a páxina do museo onde o publicaron.



IV FESTIVAL DE CINE: ENTREGA DE PREMIOS

 Mellor actriz secundaria:

Noa Varela Fernández polo seu papel de hormiga na curta La Hormiga Charito, dirixida por Chus Otero.

Mellor actor secundario: 

Adam Gil García polo papel de xabaríl na curta A Mellor Barbacoa do Mundo, dirixida por Nila Caballero.


Mellor actriz: 

Aridane Osorio Carballeda polo papel de Castora na curta de a Tía Lambida dirixido por Mª Luz Cangado.

Mellor actor: 

Antón Fernández Terceiro polo papel de León na curta o Elefante Comellón dirixido por Ana Costa.


2ª Mellor curtametraxe:

Yo voy conmigo do alumnado de 1º de primaria dirixido por Eva Cid.


Mellor curtametraxe:
 A Tempestad do alumnado de 3º e 4º de primaria dirixido por Álvaro Pérez.



IV FESTIVAL DE CINE: CURTAMETRAXES

 Para todas e todos os que non tivéchedes a sorte de poder desfrutar no cine de Leiro das curtas, ou para os que as víchedes pero queredes volver a velas, aquí vos quedan.

A mellor Barbacoa do Mundo:

  

O Elefante Comellón:


A tía Lambida:


La Tempestad: