BÚSQUEDA

venres, 31 de marzo de 2023

VISITA AO CONCELLO

 Hoxe fomos ao concello, onde no recibíu o alcalde que goberna en este momento:



Lito falounos de como se elexía ao alcalde e aos concelleiros, da ley D’hondt e puidemos poñelo en práctica cos noso conselleiros:











E os nenos e nenas de 5º e 6º mostráronnos como se leva a cabo un pleno, facendo un pleno cuxa orde do día foi avaliar a Igualdade no concello do Irixo, aquí vos deixo os argumentos de cada partido político:

                                      Voces  Unidas 

O partido político de Voces Unidas hoxe está aquí para demostrarvos e apoiar que no Concello de O Irixo os homes están en desigualdade. Estamos convencidos de que isto ocorre porque nestes últimos anos as persoas so apoian a igualdade nas mulleres e dese modo os homes pouco a pouco perden a súa posición.

Isto está demostrado por estudos e enquisas que foron realizadas nun entorno de desigualdade. Nelas reflectise que case a totalidade dos homes sufre pesadelos angustia estrés e ataques de ansiedade con frecuencia. Tendo así que asistir a sesións de psicólogos e sendo diagnosticados de depresión. Deste moda depresión está aumentando un 50% máis nos homes que nas mulleres.

De feito unha das causas que se está dando en homes é a desigualdade que se ensina dende pequenos nas películas de princesas de Disney. Parádevos un minutiño a pensar, se vos fixades nas películas de Disney sempre son mulleres as princesas. Vos creedes que os homes igual que as mulleres non queren ser princesas e poder ser rescatados dunha torre ou dunha malvada bruxa cunha mazá envelenada?

 Os homes tamén poden ser princesas lavar os pratos, facer a comida, limpar…

Ou acaso as mulleres son as únicas que poden facer as tarefas?

Os homes tamén están capacitados para facelo. Outra posible causa de depresión e que os homes que se senten discriminados non reciben a mesma axuda ou trato que as mulleres. Ademais os maiores postos de traballo están ocupados por mulleres. Os homes sen embargo están en postos máis infravalorados. Deste modo reciben menos soldo que as mulleres. Esperamos e agradecemos o voso apoio para que esta situación nos siga aumentando nin que se repita en xeracións futuras.

Se xuntamos as nosas voces poderémolo lograr !

E por iso  instamos que os homes tamén poidan descansar cos seus fillos na casa e que as mulleres salgan a calle a mancharse. Porque aveces tamén hai que descansar e desfrutar. E que na casa tamén participen os homes e viceversa. A sique os propoñemos que nos traballos de de limpeza tamén vaian homes e que nos camións de basura que vaian as mulleres.

O noso equipo quere apoiar a os homes porque esta en desigualdade porque nos últimos anos los homes non ten os mesmos dereitos, e queremos que cambie por exemplo na construción os homes ten que levar as cousas mais pesadas e as mulleres levan o mais lixeiro así porque as mulleres tamén poden levantar o mais pesado.             

Pedimos que os homes e as mulleres teñan os mesmos soldos. Cando un home se sinte discriminado non ten o mesmo trato que as mulleres , queremos conseguir un trato o mais igualitario posible. Instamos ao señor alcalde a que no concello os traballadores sexan e estean igual de valorados tanto economicamente como tamén que se adapten as capacidades físicas de cada persoa. Porque nos homes esta mal visto levar o pelo largo? Acaso só as mulleres poden levalo? Os homes tamén queren facerse coletas e trenzas coma as mulleres tamén os homes queren levar vestidos e saias porque non poden ou está mal vista.


SOMOS AS DEFENSORAS DAS MULLERES.

Hoxe ímosvos falar dos comportamentos machistas na sociedade.

O noso partido político está convencido de que as mulleres están en plena desigualdade e hai estudos que din que isto é completa e totalmente certo.

Ademais, porque as mulleres teñen que quedar facendo as tarefas no fogar mentres que

eles saen a traballar e non viceversa? Inda por riba, as mulleres con oficios fora do fogar

teñen traballos menos valorados e cobran bastante menos ca os homes.

Tamén hai que comentar que case todos os traballos directivos están formados por unha

maioría de homes, deixando unha clara desigualdade respecto as mulleres.

Tamén hai moitas mulleres que sofren acoso sexual e por ese motivo hai mulleres en

depresión e embarazadas sen querelo.

E para protexer os seus dereitos existe un día chamado: “O día da muller”.

E por todas estas razóns vós pedimos que os traballos das mulleres fora da casa sexan máis valorados e que  os seus traballos sexan de responsabilidade e polos que perciban o salario que lles corresponda, sen perxuizo do seu xénero, e que os traballos menos valorados e que precisan menor cualificación os fagan os homes tamén... E que os homes entendan que se todos manchamos todos debemos colaborar na limpeza.

Pleno: Igualdade no Irixo

Nós somos Igualdade no Irixo e queremos defender isto porque estamos totalmente convencidos de que todos e todas temos os mesmos dereitos, e, ademais, nos fogares as tarefas están repartidas porque podemos acceder a calquera tipo de traballo.

Vós pensades que as mulleres están castigadas na casa limpando e cociñando?

NON. As mulleres desde pequenas soñaban con ter unha casa con nenos para facer a comida e limpar ao seu aire. Así, poden levantarse a calquera hora do día e descansar cando lles apeteza. Así os homes as deixan en paz.

E credes que os homes están obrigados a ir a traballar todo o día?

NON. Os homes prefiren eses traballos porque  lles gusta madrugar, berrar, discutir e ensuciarse. Así descansan un pouco das mulleres, porque, o certo, é que un 8/10 parellas están desexando ir traballar para tomarse un respiro un do outro.

 Ademais, unhas enquisas demostran que  os homes cren que as mulleres son un pouco  obsesivas ca limpeza do fogar, e que as mulleres pensan que os homes precisan que lles digan cando poden facer as cousas para ter un horario mais claro, tendo así un mellor rendemento nos traballadores, e que é bo que cheguen tarde á casa, porque din que así os homes chegan con poucas enerxías e así non lles dan a brasa con non sei que do traballo.

E aínda que creades que as mulleres teñan un salario diferente, non é porque non haxa igualdade de xénero simplemente elas non precisan tanto diñeiro para vivir e sentirse superiores, como fan os homes.

Nós queremos pedir que haxa mais actividades para fomentar a igualdade entre homes e mulleres:

-Campamentos onde se lles explique aos nenos e nenas o que é a igualdade.

-Obradoiros nos que se fagan actividades sobre a igualdade, dende manualidades ata debates sobre o tema.

-Contacontos nos que conten historias sobre a igualdade e os dereitos.   

O que  nós intentamos transmitir, é, que a sociedade non vexa algúns traballos para homes e outros para mulleres senón que pensen na realidade, que é que todos podemos traballar no que nos guste e nos apeteza.

MELLOREMOS O MUNDO!

venres, 24 de marzo de 2023

TRANSPLANTAMOS O AGUACATE

Esta semana transplantamos o Aguacate que Gabriel xerminou e que fai dous anos plantamos no horto interior. Esperamos que entre o coidado de todos pronto nos dé sombra 😅




Tamén empezamos a preparar a terra para a temporada de cultivo😉


TALENTO CATIVO

 


Aínda estás a tempo de mandar o teu video para participar no Talento Cativo.
Busca algo que che guste facer e que se che de moi ben.
Gravao e envíao a irixocolexio@gmail.com ou tráeo ao cole en un pen.
Tes hasta o 29 de marzo para entrar no concurso.
Podes participar con algún amigo ou amiga, ou con alguén da túa familia ou ti solo.
Anímate!!!

mércores, 22 de marzo de 2023

SAÍMOS NA TVG RECITANDO

Onte saíron no telexornal da TVG as nenas e nenos que recitaron en Insua dos Poetas.

Aquí volo deixo, por se non puidéchedes velo: (minuto 26:18)



INSUA DOS POETAS

Onte fomos a Insua dos Poetas. Aquí vos deixo todo o reportaxe de este gran día:


 

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

Aquí vos deixo o fantástico recitado dos nenos e nenas do Irixo para conmemorar este día:



domingo, 19 de marzo de 2023

21 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

 Deixovos aquí o enlace para que vaiades disfrutando do recitado de poesías dos nosos nenos e nenas:


Tocade encima da imaxen para velos

mércores, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, na escola levamos unha semana traballando sobre a importancia das mulleres máis cercanas, e resaltamos o seu apoio, axuda e cariño.

Cada un de nós eleximos a unha de esas mulleres que tanto nos coidan, as que admiramos e queremos.

Aquí vos deixamos un video no que cada neno e nena vos presenta á muller da súa vida e o porqué de que a quieran tanto, esperamos que o disfrutedes. 

E que pasedes un bo día!!