BÚSQUEDA

mércores, 26 de abril de 2023

TRADICIÓNS: OS MAIOS

Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
Un ano máis queremos facer na escola o Maio coa axuda de todas e todos.

Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º domingo de maio, este ano o 7 de maio, en que se enchen as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.


Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.
No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.



E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...







Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que poidades facer as vosas propias coplas :






XORNAL ESCOLAR

Hoxe a nosa feira saíu no Xornal Escolar:


sábado, 22 de abril de 2023

HORTO: PLANTAMOS LEITUGAS

 O xoves, as nenas e os nenos de 1º e 2º, plantamos leitugas. Aquí vos deixo un video para que poidades velos:

venres, 21 de abril de 2023

3ª FEITA DO LIBRO

 

Fantástica xornada a de hoxe, na que celebramos o Día do Libro no colexio. 

Con unha charla de apicultura que deu o noso compañeiro, e experto en abellas, Isaac Panadeiros; unha sesión de contos con Sombras Chinas que prepararon as alumnas e alumnos de 5º e 6º; a entrega de premios do Talento Cativo; e por suposto o intercambio de libros e o sorteo que xa é tradición. FOTOS

luns, 17 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO: CONTO DE ARI

Reto conseguido Ari!!!!

MURAL PATIO

Así de bonitas lucen dúas das paredes do patio cuberto despois do traballo de este fin de semana. 

Moitísimas grazas a todas e todos os que viñéchedes o domingo!!!



















 

SEMANA DO LIBRO: RECOMENDACIONS

Aquí vos deixo as recomendacions de Alejandro, Noleia, Lucía, Antía, Eire e Ari:







SEMANA DO LIBRO: LUCÍA RODRÍGUEZ

 Xenial Lucía!!!! Reto conseguido!!!



SEMANA DO LIBRO: NAIRA

 Reto conseguido por Naira. Fenomenal Naira!!!



SEMANA DO LIBROS: LARA

Reto conseguido por Lara. Noraboa!!!


 


SEMANA DO LIBRO: NOELIA

 Empezamos a semana co reto conseguido por Noelia:



sábado, 15 de abril de 2023

III FEIRA DO LIBRO: DOAZÓN DE LIBROS

 Boas tardes chicas e chicos!!!!

Mirade que libros máis interesantes acaban de doar, para a nosa feira, dúas profes que estiveron no nose cole fai dous anos: Nila e Mª José.

Moitísimas grazas profes pola vosa aportación!!! e xa sabedes que estades convidadas a vir visitarnos cando poidades.





venres, 14 de abril de 2023

RETO: QUE MÁIS CONTAN OS CONTOS????

 Como sabedes, a próxima semana, celebramos no cole a Semana do Libro, e para elo faremos diversas actividades como a Feira do Libro. Pero tamén queremos lanzarvos un reto:

Facer un conto a partir do título dos libros que tendes nas vosas casas.

Para que me entendades mellor deixovos un exemplo que fixo Antía alá por maio do 2020:


Se o facedes gravádeo e enviádeo a irixocolexio@gmail.com para que poidamos velo todos 😉

xoves, 13 de abril de 2023

luns, 10 de abril de 2023

TALENTO CATIVO 2023

Perdoade a demora, tivemos problemas coa licencia de algunha das músicas que acompañaban os Talentos Cativos en Youtube, e bloqueounos o video. 

Agora sí, e con esta xa son 3, aquí vos deixo o Talento Cativo 2023. Esperamos que disfrutedes coas actuacíons: