Dende esta semana e ata o 21 de xuño arranca a campaña solidaria no cole do Irixo.
Un ano máis, e xa van cinco, arranca a campaña solidaria de recollida de penso e recollida de móbiles vellos e en desuso.
Como xa sabedes colaboramos con ARUME, a protectora de animais do Carballiño, doando penso para cans.
E tamén co Instituto Jane Goodall, que ademáis de ter apadrinado a Anzac, desde fai 3 anos,
colaboramos na campaña de reciclaxe de móviles "Movilízate por la Selva," Esta é unha iniciativa do Instituto Jame Goodall España para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que a nosa alta demanda de coltán, casiterita e outros minerais para productos electrónicos ten na nosa contorna e nos lugares de orixe, como na República Democrática do Congo. Alí, a guerra polo control das minas producíu xa uns 6 millóns de mortos e case 3 millóns de refuxiados, deforestación, contaminación e matanzas de animais en perigo de extinción como gorilas e chimpancés.
O 1º en facer a súa achega o martes foi Alejandro Cayetano:
O mércores Sergio, Yanira, Moisés e Hugo:
E hoxe Alejandro Portela, Rebeca e Carolina:
A profe Marta ata nos fixo un contador para levar a conta dos quilos de penso que levamos recadado. Mirade que bonito!!!
Oxalá entre todos cheguemos a franxa verde!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario