Este ano traballaremos as froitas e verduras de tempada, e os productos da contorna, para promover un consumo sostible e responsable.
Aquí vos queda un cuadro coas froitas e verduras do mes de Novembro, así como as propiedades do Caqui, 1º froia degustada no noso comedor escolar.
de polpa xugosa e doce, cunha textura suave e cremosa.
A árbore que os produce é de madeira dura, e folla caduca. Cando lle caen as follas vense os caquis cunha cor vermella brillante.
É orixinaria de China.
Propiedades do caqui:
Aporta hidratos de carbono, principalmente fructosa e glucosa, o cal convérteo nun alimento nutritivo e enerxético.
As súas fibras solubles, regulan o tránsito intestinal e alivian as gastritis.
Cando os caquis son verdes resultan astrinxentes.
Rico en antioxidantes: provitamina A o betacaroteno, vitamina C e vitamina B6, K e vitamina E, é aconsellable en caso de estrés ou ante problemas de vista.
Contén minerais como manganeso, cobre, o patasio, o magnesio e o fósforo.
Beneficios do caqui:
O caqui está indicado para calquera que teña boa saude, e tamén para nenos, deportistas e persoas que realicen traballos físicos intensos.
Coida a vista. Protexe especialmente os ollos e preven a dexeneración macular, que é a primeira causa de cegueira asociada ao paso dos anos.
Un dos efectos máis estudados é o antioxidante, que evita a dexeneración dos tecidos protexendo ás celulas dos radicais libres e outras sustancias.
Poden mercarse e conxelarse, pois consérvanse perfectamente.
Tamén pódese desecar, como se fai en Xapón. Entón vólvense marróns pero seguen sendo suculentos e doces.
Os nosos nenos degustando os caquis no comedor:
Ningún comentario:
Publicar un comentario