Este é o super patinete elétrico que as nenas e os nenos de 5º e 6º sortean para recadar fondos para viaxe de fin de curso, hoxe empezaron a vender as rifas.
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
xoves, 4 de maio de 2023
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: SORTEO DUN PATÍN ELECTRICO
Este é o super patinete elétrico que as nenas e os nenos de 5º e 6º sortean para recadar fondos para viaxe de fin de curso, hoxe empezaron a vender as rifas.
mércores, 3 de maio de 2023
HORTO: plantamos melòns, cabazas e calabacíns
Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas de 5º e 6º que recolleron as leitugas que quedaban, regaron e plantaron cabazas, melòns e calabacíns no terreo que Cristian e o seu pai, Iván nos prepararon ao lado do invernadoiro.
Moitísimas grazas chicos por volver a prepararnos a terra🥰🥰
MAIO: proceso
mércores, 26 de abril de 2023
TRADICIÓNS: OS MAIOS
Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
Un ano máis queremos facer na escola o Maio coa axuda de todas e todos.
Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º domingo de maio, este ano o 7 de maio, en que se enchen as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.
Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.
No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.
E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...
Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que poidades facer as vosas propias coplas :
XORNAL ESCOLAR
sábado, 22 de abril de 2023
HORTO: PLANTAMOS LEITUGAS
O xoves, as nenas e os nenos de 1º e 2º, plantamos leitugas. Aquí vos deixo un video para que poidades velos:
venres, 21 de abril de 2023
3ª FEITA DO LIBRO
Fantástica xornada a de hoxe, na que celebramos o Día do Libro no colexio.
Con unha charla de apicultura que deu o noso compañeiro, e experto en abellas, Isaac Panadeiros; unha sesión de contos con Sombras Chinas que prepararon as alumnas e alumnos de 5º e 6º; a entrega de premios do Talento Cativo; e por suposto o intercambio de libros e o sorteo que xa é tradición. FOTOS
mércores, 19 de abril de 2023
luns, 17 de abril de 2023
MURAL PATIO
Así de bonitas lucen dúas das paredes do patio cuberto despois do traballo de este fin de semana.
Moitísimas grazas a todas e todos os que viñéchedes o domingo!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































