Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas de 5º e 6º que recolleron as leitugas que quedaban, regaron e plantaron cabazas, melòns e calabacíns no terreo que Cristian e o seu pai, Iván nos prepararon ao lado do invernadoiro.
Moitísimas grazas chicos por volver a prepararnos a terra🥰🥰
Está chegando o mes de maio e con el a festa dos Maios, tan popular na nosa provincia.
Un ano máis queremos facer na escola o Maio coa axuda de todas e todos.
Os Maios é unha festa popular na que se festexa a chegada da Primavera.
En Ourense acostumbrábase a celebrarse o 1º domingo de maio, este ano o 7 de maio, en que se enchen as plazas de Ourense de construccións vexetais en forma de pirámide ou cono de madeira recuberto de fiuncho, xestas, carqueixas, musgo, bugallos, flores,... e rematado nunha cruz.
Esta tradición ten as súas oríxes nas civilizacións prerromanas.
No século XII estendíase ao longo de toda Galicia, aínda que actualmente a súa área é moito máis reducida.
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno, que recibe o nome de "Rei do Maio", e desfila coas roupas totalmente cubertas de flores, herbas, fiuncho,etc.
E por outra banda os maios que son representados por figuras de follas e flores.
En Ourense aínda que os hai con forma piramidal ou cónica os máis abundantes son os de formas caprichosas: potes, hórreos, cruceiros, cruces,...
Os que acompañan ao "Maio" cantan ao seu redor coplas con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen na poboación.
Aquí vos deixo un pequeno titorial para que poidades facer as vosas propias coplas :
Fantástica xornada a de hoxe, na que celebramos o Día do Libro no colexio.
Con unha charla de apicultura que deu o noso compañeiro, e experto en abellas, Isaac Panadeiros; unha sesión de contos con Sombras Chinas que prepararon as alumnas e alumnos de 5º e 6º; a entrega de premios do Talento Cativo; e por suposto o intercambio de libros e o sorteo que xa é tradición. FOTOS