Hoxe 1 de novembro fixemos o Magosto na escola. Que ben o pasamos!!!
Xogamos, bailamos e, por suposto, comemos bolo preñado e castañas.
Este blog quere ser o cuaderno de abordo da nosa nave, no que iremos gardando algúns momentos importantes para nós e que desexamos compartir.
Hoxe 1 de novembro fixemos o Magosto na escola. Que ben o pasamos!!!
Xogamos, bailamos e, por suposto, comemos bolo preñado e castañas.
Un ano máis fixemos os nosos terroríficos conxuros.
Esperamos que vos gusten!!!!
Aquí vos deixo as cancións que estivemos traballando estos días para que poidades bailar e cantar en casa:
Co mundo das letras e dos números ábrese para eles un abanico de oportunidades de entender, descubrir, investigar, experimentar e sentir infinidade de emocións, sentimentos e cousas.
Eles están ansiosos por seguir aprendendo e nos desexando podelos guiar neste camiño.
Hoxe teño unha gran noticia que contarvos, un ano máis, unha das nosas alumnas, Ariane Luis Nogueira, foi premiada no Concurso Literario organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática.
Noraboa Ari!!!! Estamos moi orgullosas e orgullosos de ti
Tendes todos os detalle na publicación de Bibliogreta, se pinchades na foto podedes aceder a ela.
Esperámosvos a todas e todos no Novocine de Leiro. Haberá dous pases:
*as 9:30 para os nenos e nenas de 3º- 4º- 5º e 6º e as súas familias.
* as 11:15 para as nenas e nenos de ed. infantil eos de 1º e 2º e as súas familias.
Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron unha sorpresa na biblioteca, se pinchades na foto levaravos ao blog de biblioteca para que podades vela.
Estamos en 262 kg de penso. Hoxe grazas a solidariedade de Gabriel.
Recordarvos que a campaña de recollida de penso remata o pròximo mércores 15, día no que faremos entrega a protectora cunha gran cadea humana.
Xa está rematado o mural. Moitas grazas a ANPA por esta iniciativa, a todos os nenos e nenas que con tanta ilusión e cariño estiveron traballando e a Tatiana Rodríguez Frívida a artista.
Quedou fantástico!!!