O venres, as nenas e nenos de ed. infantil, desprazáronse hasta as instalacións da cooperativa Loureiro para aprender das mans da técnica responasble do control de calidade no laboratorio, Gloria Bernárdez, unha chea de cousas do leite e dos seus derivados, e para degustar todos os seus productos.
Moitas grazas Gloria pola túa dedicación e amabilidade!!!
O vindeiro 17 de maio é o día das Letras Galegas que este ano, como xa sabes todos, se dedican a Florentino Delgado Gurriarán.
Aquí vos deixo a súa historia contada por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán, veredes que interesante é. (pincha nas imaxes para ler a información)
E aquí vos deixo algún video para que sigades descubrindo máis cousas sobre a Primavera das Letras
Recitado dun poema:
A súa vida en pictogramas:
Agora quero que votemos unha ollada a algúns dos autores homenaxeados ao longo dos anos polo seu amor a nosa terra e a nosa lingua, se tocades encima das imáxes que teñan este símbolo 📹 poderedes escoitar ese poema musicado, seguro que algún vos sona moito:
Un ano mais, e xa é o quinto ano, comenza a campaña solidaria de recollida de penso na que toda a comunidade educativa do CEIP Virxe da Pena da Sela participa en colaboración coa protectora de animais Arume de O Carballiño.
(Se pinchades na imaxen teredes toda a información sobre a protectora)