BÚSQUEDA

sábado, 1 de maio de 2021

MÚSICA, AS TRADICIÓNS: O MAIO

Que fermoso quedou o noso Maio!!!! E que bonitas as coplas!!!! Grazas a armazón que, con cariño, fijo Laureano, o pai de Noelia, e a axuda e colaboración de mamás, papás, avóas, avós, profes e sobre todo a ilusión e ganas que lle puxeron todas e todos os nosos cativos.

Este foi o resultado:


AQUÍ VOS DEIXO O VIDEO DO PROCESO DE CONSTRUCCCIÓN


AQUÍ VOS DEIXO O VIDEO COAS COPLAS CANTADAS POLOS NENOS E NENAS

 
 E TODAS AS FOTOS

xoves, 29 de abril de 2021

VISITA DO ESCRITOR XOSÉ LUNA

E por fin chegou o día tan esperado, o autor do Libro dos Bicos, Xosé Luna, achegouse ao noso colexio, cargado de ilusión, enerxía e verbas ben bonitas coas que encheu de poesía e maxia a nosa escola e as nosas vidas.

Recitamos, cantamos, rimos e bailamos e pouco a pouco foinos enfeitizando e tranformando en sementes alfúfaras de poetas.

Dende o abrente hasta o solpor,

Xosé Luna con amor.

Deixaches os nosos corazóns

alfúfaros.






Aquí vos deixo unha montaxe cos mellores momentos da visita, e todas as fotos e videos:


LENGUA: Rasi en casa de Alexandre e Violeta

Rasi volveu a pasar pola casa de Alexandre e Violeta, reencontrouse cos seus amigos coellos. Tamén tivo a oportunidade de coñecer ao tio Toño recen chegado de Pananmá e colaborou coas tarefas da casa xunto coa Rumba😉👌






 

martes, 27 de abril de 2021

O MAIO

Hoxe seguiron chegando xestas, carqueixas, flores e uces😍😍
E seguimos o noso traballiño de cubrir o maio😉
















O MAIO: a escola arrecende a Monte Vivo




Que maravilla!!! A escola desde 1ª hora desprendía un maravillo e feiticeiro aroma a bosque, a natureza a felicidade, grazas polo voso apoio e confianza no noso traballo diario🥰🥰🥰🥰 Fotos