El tamborilero

ALIMENTACIÓN

SAÚDE

XOGOS VIRTUAIS

martes, 21 de decembro de 2021

CAMPAÑAS SOLIDARIAS

Onte fixemos entrega dos alimentos e dos xoguetes doados por todas e todos vós. 
No posto de recollida de Protección Civil de Ourense, Juan Carlos e Elvira,os voluntarios que tan amablemente nos recibiron,  contáronnos que levan recadados máis de 3 toneladas de alimento que xa empezaron a repartir entre os máis necesitados
Desde aquí queremos agradecer a todas e todos os que dunha maneira tan desprendida colaboráchedes nestas campañas este Nadal, grazas a vós foron todo un éxito:

Máis de 200 xoguetes: 


Máis de 150 kg de alimentos:
 

Que se suman a campaña: 







luns, 20 de decembro de 2021

GALA ANTI-COVID 2021

Bos días a todos e todas!!! Deixovos aquí o enlace para que poidades desfrutar da Gala Anti-Covid 2021, comenza as 10:10.


Aquí tendes o noso video:

FESTIVAL DE NADAL

 Todos agardábamos este día con gran ilusión, un ano máis aquí vos deixo o Festival de Nadal:





xoves, 9 de decembro de 2021

BELEN ARTESAL E DE REFUGALLO

 





Un ano máis montamos o Belén no noso cole, no que participaron todos os nenos.

E que maravilla de figuras, muiños, pontes e demais decoración...

Moitísimas grazas a todas e todos e as vosas familias por axudarvos!!!

Aquí vos deixo as fotos:























mércores, 8 de decembro de 2021

NIN UN NENOS SEN XOGUETES



Moitísimas grazas a todas e todos pola vosa solidariedade e empatía, esta campaña solidaria está sendo todo un éxito.


E, por suposto, moitas grazas a todo o alumnado que fixo o cartel tan bonito😍




OPERACIÓN QUILO

Moitísimas grazas a todos e a todas pola vosa solidariedade, esta campaña está resultando un éxito grazas a colaboración de todos vós.




E por suposto moitas grazas ao alumnado que con tan bo gusto fixo o cartel 😍




martes, 23 de novembro de 2021

EXPERIMENTO 1: OS ÁTOMOS, ELECTRICIDADE ESTÁTICA E ELECTRÓLISE

Hoxe estivemos vendo a composición do átomo da agua H2O.




...E descubrimos que os globos se os frotas teñen electricidad estática.




Tamén nos atrevemos coa electrólise, para elo collemos unha pila, un vaso con auga, unha cullaradiña de sal e un trozo de cable.












Aquí vos deixo unha explicación bastante apañada do que acontece na ELECTRÓLISE

martes, 9 de novembro de 2021

PROXECTA: X. T. BUXAINA

 Esta semana fixemos unha buxaina cunha castaña. Que ben o pasamos!!





E aquí vos deixo información sobre as buxainas ou peóns

mércores, 20 de outubro de 2021

PROGRAMA D´TEC: FACTORÍA DE NOVOS MATERIAIS



O noso centro foi seleccionado para praticipar no proxecto escolar "Fatoría de novos materiais"

Vivimos nun mundo cambiante, no que a investigación é fundamental. Camiñamos cara unha sociedade do coñecemento e precisamos que o alumnado coñeza a importancia da innovación e os procesos que iso implica.

proxecto escolar “Factoría de novos materiais” é unha proposta que achega aos estudantes dos últimos cursos de Educación Primaria un dos campos con máis potencial de futuro: os novos materiais. E faino a través de actividades amenas e prácticas, buscando despertar a curiosidade pola innovación e a investigación.

Para facilitar o desenvolvemento do proxecto recibimos un kit con todos os materiais necesarios para desenvolver as actividades indicadas nos recursos didácticos.

Os contidos que se abordan son os seguintes:

Os novos materiais

Conceptos básicos. Antes de mergullarnos no mundo dos novos materias, repasaremos as súas propiedades e descubriremos que entendemos por novos materiais e que vantaxes e diferenzas presentan cos tradicionais.

Detectives de materiais. No kit inclúense mostras dalgúns materiais con propiedades moi curiosas. O alumnado, coa axuda das guías didácticas e dos docentes, pescudará que os fai espaciais dun xeito totalmente experimental. Exploraremos a pintura máis negra do mundo, unha cinta adhesiva inspirado no animal Gecko, area hidrofóbica e hidroxeles.

Investigando os polímeros. A maior parte dos novos materiais constrúense con grandes moléculas chamadas polímeros. Para achegarnos ao seu coñecemento, realizaremos diferentes actividades prácticas nas que crearemos obxectos con plástico termo moldeable e fabricaremos pelotas saltarinas.

Creando biomateriais. Non queremos esquecer a problemática medioambiental. Por iso imos realizar algunha actividade de concienciación medioambiental e experimentar coa fabricación de materiais orgánicos biodegradables utilizando algo tan cotiá como o leite.

Proxecto final. Para que o alumnado integre todo o aprendido, deberán crear un obxecto partindo dunha problemática que se lles plantexará. Esta actividade non ten finalidade competitiva, senón invitar ao alumnado a explorar o mundo dos novos materias dun xeito autónomo e a través da indagación e a exploración.

luns, 4 de outubro de 2021

LENGUA 5º: LA ANÉCDOTA

 La semana pasada, con los niños y niñas de 5º, hemos trabajamos la anécdota.

Mirad que divertidas le han quedado.

¡Espero que os gusten!

HORTO: PLANTACIÓN DE INVERNO

Unha vez recosidos os fritos de verán, preparamos a terra e cultivamos productos de tempada: repolo, nabicol, grelos, escarola e lombarda :



PROXECTA:XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

 Este ano na hora de proxecta os nenos e nenas de 1º e 2º imos a aprender a xogar a unha chea de xogos aos que xogaban os vosos avós e algíns pais.



luns, 27 de setembro de 2021

HORTO: COLLEITA 2021

E para ser o primeiro ano non estivo tan mal a nosa colleita.