Vivimos nun mundo cambiante, no que a investigación é fundamental. Camiñamos cara unha sociedade do coñecemento e precisamos que o alumnado coñeza a importancia da innovación e os procesos que iso implica.
O proxecto escolar “Factoría de novos materiais” é unha proposta que achega aos estudantes dos últimos cursos de Educación Primaria un dos campos con máis potencial de futuro: os novos materiais. E faino a través de actividades amenas e prácticas, buscando despertar a curiosidade pola innovación e a investigación.
Para facilitar o desenvolvemento do proxecto recibimos un kit con todos os materiais necesarios para desenvolver as actividades indicadas nos recursos didácticos.
Os contidos que se abordan son os seguintes:
Os novos materiais
Conceptos básicos. Antes de mergullarnos no mundo dos novos materias, repasaremos as súas propiedades e descubriremos que entendemos por novos materiais e que vantaxes e diferenzas presentan cos tradicionais.
Detectives de materiais. No kit inclúense mostras dalgúns materiais con propiedades moi curiosas. O alumnado, coa axuda das guías didácticas e dos docentes, pescudará que os fai espaciais dun xeito totalmente experimental. Exploraremos a pintura máis negra do mundo, unha cinta adhesiva inspirado no animal Gecko, area hidrofóbica e hidroxeles.
Investigando os polímeros. A maior parte dos novos materiais constrúense con grandes moléculas chamadas polímeros. Para achegarnos ao seu coñecemento, realizaremos diferentes actividades prácticas nas que crearemos obxectos con plástico termo moldeable e fabricaremos pelotas saltarinas.
Creando biomateriais. Non queremos esquecer a problemática medioambiental. Por iso imos realizar algunha actividade de concienciación medioambiental e experimentar coa fabricación de materiais orgánicos biodegradables utilizando algo tan cotiá como o leite.
Proxecto final. Para que o alumnado integre todo o aprendido, deberán crear un obxecto partindo dunha problemática que se lles plantexará. Esta actividade non ten finalidade competitiva, senón invitar ao alumnado a explorar o mundo dos novos materias dun xeito autónomo e a través da indagación e a exploración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario