E por fin chegou o día tan esperado, o autor do Libro dos Bicos, Xosé Luna, achegouse ao noso colexio, cargado de ilusión, enerxía e verbas ben bonitas coas que encheu de poesía e maxia a nosa escola e as nosas vidas.
Recitamos, cantamos, rimos e bailamos e pouco a pouco foinos enfeitizando e tranformando en sementes alfúfaras de poetas.
Dende o abrente hasta o solpor,
Xosé Luna con amor.
Deixaches os nosos corazóns
alfúfaros.
Aquí vos deixo unha montaxe cos mellores momentos da visita, e todas as fotos e videos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario