El tamborilero

ALIMENTACIÓN

SAÚDE

XOGOS VIRTUAIS

domingo, 18 de abril de 2021

HORTO ESCOLAR

 Coa chegada da primavera estreamos un novo espazo na escola: un HORTO ESCOLAR. 

Todo un reto para todos.



Este espazo puido facerse realidade grazas a axuda e colaboración de persoas que creen que educar vai máis aló de transmitir coñecementos, e que ao aprendizaxe significativo so se chega a través da manipulación e da emoción.

Xa xerminamos as nosas sementes, remexemos e aireamos a terra, plantamos os nosos brotes que empezan a agromar, atopamos miñocas, apañamos máis miñocas para que fertilicen e aireen a terra, aprendemos por onde respiran as miñocas, que hai insectos que para protexerse fanse unha bola, e xa tivemos os nosos primeiros disgustos, inundación da mesa de cultivo por non ter suficiente drenaxe e  polo mismo motivo tivemos que arranxar unha, pero nada de esto nos detendrá 😉

Aquí vos deixo as fotos e unha montaxe que fixen con algunhas.


Moitas grazas a Floro, que amablemente se brindou a traer as táboas e a montar as mesas de cultivo, ao aserradero Irmáns Nogueira, a Julio e Toño que con cariño e esmero cortaron e prepararon as táboas, a Elena, unha cuidadora que so estivo 15 días no cole pero que xunto coa profe Nila e Mª José quedaron tardes a pintar e adecentar este espazo, e sobre todo grazas as familias que tivéchedes a paciencia de poñer a xerminar as sementes, de apañar miñocas e de lavar a roupiña cando nos dedicamos as labores do campo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario